A obra en prosa de Manuel Antonio inaugura a colección Clásicos da Academia

A obra completa, publicada conxuntamente pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié, recolle toda a produción en prosa do escritor rianxeiro.
Imaxe da portada do libro
Imaxe da portada do libro.

Manuel Antonio. Obra completa. Prosa é o título da monografía que inaugura a colección "Clásicos da Academia", coa que a Real Academia Galega, en colaboración coa Fundación Barrié, pretende contribuír a paliar a ausencia de edicións críticas completas da obra dos nosos autores máis representativos, así como da súas publicacións aínda inéditas ou menos coñecidas.

Con este primeiro volume procúrase definir a liña editorial desta colección, que estará marcada, segundo o director xeral da Fundación Barrié, Javier López Martínez, "pola conxunción do rigor científico e o afán divulgativo". A este volume seguirán outros catro: o segundo e o terceiro recollerán o extenso epistolario do autor rianxeiro; o cuarto albergará a súa produción poética completa e o quinto dedicarase a describir a biografía de Manuel Antonio.

A colección, que terá carácter anual, achéganos, neste primeiro libro dedicado a Manuel Antonio, toda a produción en prosa -ficción, ensaio ou traducións- do literato que mellor soubo "certificar a compatibilidade entre modernidade e nacionalismo", segundo expón no seu limiar Xosé Luís Axeitos Agrelo, secretario da Academia e editor da obra. Axeitos Agrelo expresou tamén a súa gratitude á Fundación Barrié por poñer á súa disposición todo o legado que atesoura dun poeta "que se moveu sempre nos límites e con afán de conquista".

Xosé Luís Axeitos Agrelo durante a presentación do libro
Xosé Luís Axeitos Agrelo durante a presentación do libro

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 10 de decembro de 2019 / 18:30 h
Achegamento á literatura de Urbano Lugrís González
Mércores 11 de decembro de 2019 / 11:30 h
Charla da campaña Toponimízate nas Neves
Luns 16 de decembro de 2019 / 14:30 h
Charla da campaña Toponimízate - Folgoso do Courel
Martes 17 de decembro de 2019 / 15:45 h
Charla da campaña Toponimízate - Cerdedo-Cotobade
Xoves 19 de decembro de 2019 / 12:30 h
Charla da campaña Toponimízate - Pazos de Borbén

Novas da Academia

Subscríbete