Inauguración do monumento a Curros

O 11 de agosto de 1934 inaugurábase, nos xardíns de Méndez Núñez, o monumento do escultor Francisco Asorey a Manuel Curros Enríquez.
Imaxe do monumento de Asorey a Curros
Monumento de Asorey a Curros nos Xardíns de Méndez Núñez


Segundo recolle nas súas detalladas crónicas do 11 e 12 de agosto de 1934 o xornal La Voz de Galicia, a inauguración do monumento a Curros constituíu un acto de grande importancia social e política que mesmo contou coa presenza do daquela presidente a II República, Niceto Alcalá Zamora, quen lle dedicou un extenso discurso ao poeta de Celanova que se pode consultar aquí.

Con motivo desta conmemoración, a Academia, presidida entón por Lugrís Freire, publicou un folleto no que explicaba os diversos motivos que foran demorando a construción deste monumento a Curros, concibido xa desde a data do seu falecemento en 1908, e agradece tamén o apoio económico recibido das comunidades de emigrantes galegos en Bos Aires e na Habana.

Esta monografía, publicada en 1934, pódese descargar aquí.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 10 de decembro de 2019 / 18:30 h
Achegamento á literatura de Urbano Lugrís González
Mércores 11 de decembro de 2019 / 11:30 h
Charla da campaña Toponimízate nas Neves
Luns 16 de decembro de 2019 / 14:30 h
Charla da campaña Toponimízate - Folgoso do Courel
Martes 17 de decembro de 2019 / 15:45 h
Charla da campaña Toponimízate - Cerdedo-Cotobade
Xoves 19 de decembro de 2019 / 12:30 h
Charla da campaña Toponimízate - Pazos de Borbén

Novas da Academia

Subscríbete