Convocatoria de tres contratos para realizar traballos de toponimia e lexicografía

CONVOCATORIA DE TRES CONTRATOS
PARA REALIZAR TRABALLOS DE TOPONIMIA E LEXICOGRAFÍA
NA REAL ACADEMIA GALEGA
(Proxecto toponimia de Galicia)

A Real Academia Galega convoca un concurso aberto para dous contratos de persoal técnico de toponimia e un de lexicografía, desde o 25 de marzo ao 31 de decembro de 2019, prorrogables por ata doce meses máis. As persoas contratadas colaborarán en tarefas de recolla, depuración e organización de datos, de xestión informática, elaboración e difusión de materiais relacionados co proxecto de toponimia da Real Academia Galega.

Requisitos
a) Licenciatura ou Grao en Filoloxía Galega, Filoloxía Galego-Portuguesa ou titulación equivalente.

Méritos específicos
a) Experiencia acreditable en traballos relacionados coa toponimia de Galicia ou coa lexicografía do galego, segundo o perfil do contrato.
b) Formación e experiencia acreditables en traballos de campo de recolleita de microtoponimia e de revisión de topónimos ou de elaboración de dicionarios ou outras ferramentas lexicográficas, segundo o perfil do contrato.
c) Publicacións relacionadas coa toponimia ou coa lexicografía galegas, segundo o perfil do contrato.
d) Coñecementos e experiencia acreditables na didáctica da lingua e da toponimia ou da lexicografía, segundo o perfil do contrato.
e) Coñecementos de informática e experiencia no manexo de bases de datos, follas de cálculo, procesadores de texto, edición de páxinas web e outras ferramentas informáticas.
f) Coñecementos acreditables de cartografía e experiencia de traballo con sistemas de información xeográfica (contratos de toponimia).
g) Formación e experiencia acreditables relacionadas co estudo da lingua galega, o seu ensino, a súa normalización ou a súa difusión.
h) Coñecemento acreditable doutras linguas.

Condicións
Xornada completa. Contrato ata 31 de decembro de 2019 (prorrogable).

Remuneración 1.100,00 €/mes.

Prazos
15 de febreiro - 25 de febreiro de 2019: presentación de solicitudes segundo as indicacións que figuran a seguir, e especificando se desexan candidatarse aos contratos de toponimia e/ou de lexicografía.
27 de febreiro de 2019: publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas.
28 de febreiro - 4 de marzo de 2019: presentación de reclamacións. Este prazo tamén será válido para corrixir a documentación presentada, se é o caso.
7 de marzo de 2019: publicación da listaxe definitivas de persoas admitidas e excluídas.
11 de marzo de 2019: publicación da listaxe das persoas seleccionadas e convocatoria para a entrevista persoal.
12 de marzo -13 de marzo do 2019: Entrevista persoal. Sede da RAG (Tabernas 11, A Coruña).
13 de marzo de 2019: publicación da listaxe de persoas seleccionadas para os contratos e substitutas, por orde de prelación.
14-18 de marzo de 2019: presentación de reclamacións, que serán resoltas de xeito inapelable polo Presidente da RAG o día 20 de marzo.
21 de marzo de 2019: publicación da listaxe definitivas.

Presentación de solicitudes
As solicitudes deberanse presentar en papel, na sede da RAG (Tabernas, 11- 15001 A Coruña), mediante entrega directa, en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a vernes, e de 16:30 a 19:30 horas de luns a xoves, ou mediante envío postal.

As convocatorias, listaxes e resolucións serán publicadas no sitio web da RAG, academia.gal/.

Composición da comisión avaliadora
Presidencia: Un membro numerario da RAG.
Secretaría: O secretario da RAG.
Vogalías: Un membro do Seminario de Onomástica ou do Seminario de Lexicografía, segundo o perfil do contrato.
Un/unha técnico/a da RAG especialista en onomástica ou en lexicografía, segundo o perfil do contrato.
Un/unha profesional en exercicio, en representación da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.
Un/unha representante do persoal laboral da RAG, con voz e sen voto.

Instrucións para a entrega de documentación
A documentación acreditativa dos requisitos e dos méritos acompañarase dunha copia do DNI ou pasaporte e dun resumo (máximo 1 folio) no que se fará constar de xeito claro e esquemático:
a) Os datos de identidade e contacto por esta orde: nome e apelidos, DNI, data de nacemento, lugar de nacemento, número de teléfono, correo electrónico, enderezo postal.
b) Relación de título(s) académico(s).
c) Relación de méritos alegados.
d) Indicación clara do perfil do contrato ao que se opta.

En caso de presentar solicitude para ambos os perfís cómpre entregar por duplicado este resumo.

Pode descargar as bases da convocatoria NESTA LIGAZÓN.

A Coruña, 14 febreiro de 2019

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 26 de marzo de 2019 / 19:30 h
Comba Campoi e Manuel Lorenzo falan sobre os monicreques de Barriga Verde
Sábado 6 de abril de 2019 / 12:00 h
Pleno extraordinario de recepción como académica de Ana Romaní - Noia

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán 2019


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar