Luz Pozo xa é filla adoptiva de Viveiro

"Viveiro, Viveiro, Viveiro... Canto te botei de menos naqueles anos da guerra! Viveiro, Viveiro Viveiro... Canto te botei de menos naqueles anos de exilio!". Estas son as palabras que Luz Pozo escribiu no libro de honra do Concello de Viveiro tras ser nomeada filla adoptiva deste concello lugués. A escritora e académica lembrou o tempo vivido nesta localidade en distintos momentos da súa vida, o primeiro entre os 7 e os 14 anos, nun emotivo acto que encheu o pasado domingo o Teatro Pastor Díaz.

Fonte: Concello de Viveiro


"Convivín co pobo, coa xente de aquí, asimilei o que era Viveiro, o que eran as súas xentes, a paisaxe", recordou a autora. A alcaldesa, María Loureiro, agradeceulle en nome do concello que sempre tivese "boas palabras" para a localidade e a súa disposición para colaborar "en todo o que se lle pediu, gardando un especial vínculo con Viveiro que se pode percibir ao longo da súa obra".

A celebración contou coa participación do presidente da Real Academia Galega. Víctor F. Freixanes expresou: "Queremos e admiramos a Luz, por iso estamos aquí. Na RAG ten unha significación especial para todos nós, tanto polos méritos da súa obra, que homenaxeamos co gallo do seu 95 aniversario, como pola súa personalidade, agarimo e xenerosidade, que como o seu nome indica non podemos cualificar máis que de luminosa".

No acto tamén tomaron a palabra a presidenta do Consello da Cultura Galega, a académica Rosario Álvarez Blanco; o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos; o cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal, encargado de realizar un percorrido pola biografía de Luz Pozo Garza; a concelleira de Cultura, Lara Fernández, que recitou versos da homenaxeada, e o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Luns 27 de maio de 2019 / 18:00 h
Entrega dos premios do II Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán 2019


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar