Cinco microrrelatos de premio

Os textos gañadores do concurso de microrrelatos convocado pola Real Academia Galega e PuntoGal xa poden lerse nesta ligazón. Silvia Camesella, Héctor Cajaraville, Ceres Serea Manso, Nee Barros e Teo Alonso, as autoras e autores premiados, amosan nun máximo de 200 palabras que a lingua galega é un poderoso vehículo para transmitir calquera mensaxe, e constatan tamén que, na era da comunicación dixital, Galicia segue a ser un pobo que sempre soubo contar historias.

Silvia Camesella é a autora de "Odio as mans frías", o relato que, con só 35 palabras, mereceu o primeiro premio. Héctor Cajaraville foi recoñecido co segundo por "O milagre" e Ceres Sera Manso gañou un dos terceiros premios con "Cousas que pasan". Os outros dous son para Nee Barros e Teo Alonso, ambos os dous menores de idade, polos seus relatos "Desexo concedido" e "Unha hora".

O xurado, composto polo presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; o presidente de PuntoGal e académico Manuel González; a escritora e académica correspondente Helena Villar Janeiro; o director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro; e a poeta, editora e membro do comité de redacción de Luzes Dores Tembrás, avaliou os case 400 relatos de ata 200 palabras que participaron no concurso convocado no marco dunha campaña para proxectar o galego en Internet. Os cinco gañadores impuxéronse nunha listaxe de 14 finalistas que completan "As liñas das túas mans", "As verbas perdidas", "Clase media 2.0", "Babel II", "Espiritismo", "Lección de xeografía", "Se non tivese medo", "Ratos" e "A derrota". Todos eles aparecen no novo número da revista Luzes, que colabora coa RAG e PuntoGal neste concurso.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 10 de decembro de 2019 / 18:30 h
Achegamento á literatura de Urbano Lugrís González
Mércores 11 de decembro de 2019 / 11:30 h
Charla da campaña Toponimízate nas Neves
Luns 16 de decembro de 2019 / 14:30 h
Charla da campaña Toponimízate - Folgoso do Courel
Martes 17 de decembro de 2019 / 15:45 h
Charla da campaña Toponimízate - Cerdedo-Cotobade
Xoves 19 de decembro de 2019 / 12:30 h
Charla da campaña Toponimízate - Pazos de Borbén

Novas da Academia

Subscríbete