Académicos e académicas

Jaime Ozores de Prado

Jaime Ozores de Prado

A Coruña, 1846 - 1922

Militar, filántropo e coleccionista de arte coruñés. Marqués de San Martiño de Ombreiro, foi presidente da Real Academia Provincial de Belas Artes da Coruña e formou parte do comité organizador das exposicións de arte galega celebradas na Coruña e Buenos Aires. Dirixiu as Escolas Populares Coruñesas, institución de instrución e beneficencia encamiñada a instruír os fillos e fillas de familias sen recursos económicos. A Casa Ozores, o seu domicilio familiar, é un dos edificios emblemáticos da Cidade Vella coruñesa. Foi secretario da Academia.