Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
placa substantivo feminino1 Lámina dun material duro, plana, ríxida, de grosor uniforme e delgada en relación co seu tamaño. Unha placa de vidro. Precaución! Placas de xeo na estrada.2 Chapa de metal que se coloca na parte dianteira ou traseira dun automóbil. Co golpe caeulle a placa da matrícula.3 Chapa metálica que indica a concesión de certa licenza ou autorización, emitida pola administración pública. Colocou na porta do garaxe a placa coa licenza municipal.4 Inscrición, condecoración etc., de calquera tipo de material, que se asemella a unha chapa. No parque hai unha placa de bronce en conmemoración do acontecemento. O policía amosoulle a súa placa de identificación.5 Superficie, xeralmente plana, onde van inseridos os lumes e, ás veces, os mandos dunha cociña. Cambiamos a placa de gas tradicional por unha vitrocerámica.6 Estrutura horizontal dun piso feita con formigón fraguado. Mañá empezan a botar as placas.7 Fotografía Soporte ríxido recuberto dunha emulsión sensible. As placas empréganse para obter os negativos.8 Formación bacteriana que se produce sobre a superficie dos dentes, que pode provocar carie ou outros tipos de afeccións dentais. Hai que ter unha boa hixiene dental para evitar a aparición de placa. FRASES E EXPRESIÓNS CON placa Placa base Informática Placa de circuíto impreso, na que se integran os principais compoñentes dun ordenador, como o procesador, a memoria principal ou os controladores. A placa base pode ter instalados dous procesadores. Placa filla Informática Placa de circuíto impreso que se insire nunha das fichas da placa base dun ordenador. Placa filla con tres portos adicionais.
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)