A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
máis1adverbio1 Indica un aumento ou superioridade en cantidade intensidade ou número que pode expresarse en comparación con outro elemento ou de maneira absoluta. Gústame máis a auga ca a cervexa. Gasta máis do que gaña. É o máis alto de todos. Faime falta máis tempo. Xa non quero comer máis.ANTÓNIMO menos2 Expresa ponderación a intensidade de algo nun grao moi elevado. Que abrigo máis bonito levas!SINÓNIMO tan1substantivo masculino3 Signo matemático (+) que indica suma de elementos. Tes que poñer o máis á altura da raia do quebrado.4 Signo matemático (+) que diante dun número que non se relaciona con outro indica o seu valor positivo. Os números enteiros positivos levan diante un máis. FRASES E EXPRESIÓNS CON máis De máislocución adverbial En exceso de sobra. Creo que bebes de máis. Aquí hai xente de máis. Máis delocución adverbial Indica unha cantidade indeterminada superior á que se expresa. Presentáronse alí máis de mil persoas. Máis ou menoslocución adverbial Aproximadamente, cerca de. Faltan dez minutos máis ou menos para o comezo da función. Máis quelocución conxuntiva Indica exclusividade ou limitación do que se expresa. Non tiñas máis que chamar e xa viñamos! Nin máis nin menoslocución adverbial Exactamente xustamente. Iso é o que eu quería, nin máis nin menos. Por máis quelocución conxuntiva Indica a imposibilidade de conseguir algo aínda que se insista e se faga todo o posible por conseguilo. Por máis que lle digas, non o vas convencer.
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo:
O dicionario na túa web
Integra o dicionario da RAG na túa web premendo aquí.