Mil son eu tan só, tan soa
Simposio Luísa Villalta
19, 20 e 21 de novembro - 17:00 h
Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
dereito (feminino: dereita) adxectivo1 Que non se torce nin a un lado nin a outro. Esta liña non está dereita. SINÓNIMO recto1 ANTÓNIMOS torcido, torto2 [Órgano, parte do corpo] que está situado ao lado contrario do corazón. Levou un golpe no ollo dereito. SINÓNIMO destro ANTÓNIMOS esquerdo, sinistro3 [Parte dunha cousa] que se corresponde con este lado do corpo humano. Na á dereita do edificio están as oficinas. ANTÓNIMO esquerdo4 En posición vertical. Para os anos que ten aínda camiña ben dereito.5 Sen interrupcións ou desviacións. Cando sae do traballo vai dereita para a casa. substantivo feminino6 O lado dereito. Colleu polo camiño da dereita. ANTÓNIMO esquerda7 A man ou a perna dereita. O seu golpe coa dereita é temible. SINÓNIMO destra ANTÓNIMOS esquerda, sinistra8 Colectividade política de carácter conservador, que defende as súas tradicións. OBSERVACIÓNS: Tamén se emprega en plural A dereita gañou as eleccións. ANTÓNIMO esquerda substantivo masculino9 Conxunto de leis que regulan as relacións entre os membros dunha sociedade ou dun país. É un experto en dereito civil.10 Ciencia que estuda estas leis. Licenciouse en dereito.11 Facultade recoñecida legalmente de realizar unha acción ou gozar de certa cousa. Xa ten dereito a voto. A Constitución recolle os dereitos fundamentais dos cidadáns.12 Feito aceptable desde o punto de vista moral ou social. Non tes dereito a falarme así.13 O lado máis perfecto dun papel, dunha tea etc. Nesta folla non se sabe onde está o dereito. SINÓNIMO face ANTÓNIMO revés substantivo masculino plural14 Taxa que o Estado, unha cidade ou unha persoa particular ten dereito a cobrar por permitir determinadas concesións ou por prestar algún tipo de servizo. Dereitos de pasaxe. Pagarlle os dereitos ao notario. FRASES E EXPRESIÓNS CON dereito A dereitas locución adverbial De xeito que se considere correcto ou atinado. Púxose a facer as contas e non daba unha a dereitas. SINÓNIMO ao dereito Ao dereito locución adverbial 1 Sen demorarse nin desviarse do camiño. Chamoume e fun ao dereito para alí. 2 A dereitas. Estaba bébedo e non rexía ao dereito. Ao dereito de locución preposicional Directamente de. Ferve o leite e non o bebas ao dereito da vaca. Cando nos abriu a porta aínda viña ao dereito da cama. Dereito administrativo Conxunto de principios e normas que regulan a organización e a actividade da Administración pública. Os avogados asistiron a un curso sobre as relacións entre dereito penal e dereito administrativo. Dereito canónico Conxunto de normas relativas ao clero e ás súas actividades. A elección da abadesa está regulada polo dereito canónico. Dereito civil Parte do dereito que regula as relacións que se establecen entre os cidadáns no seo do Estado. O dereito civil considera xeralmente a ameaza como intimidación. Dereito comercial Parte do dereito que trata as relacións comerciais. Consultaron un avogado especializado en institucións financeiras e dereito comercial. Dereito constitucional Parte do dereito que trata a Constitución e o seu funcionamento. A Constitución é o principal obxecto de estudo do dereito constitucional. Dereito criminal Dereito penal. O dereito criminal recolle o delito de ameaza. Dereito de pernada 1 Historia Cerimonia na que o señor feudal colocaba unha perna sobre o leito dos servos cando casaban. O dereito de pernada podíao levar a cabo o señor ou un representante. 2 Historia Dereito do señor feudal a pasar a primeira noite coa muller do servo. Exercía o dereito de pernada e outros privilexios propios da época medieval. 3 figurado Abuso de autoridade. Era un señorío disposto a exercer o dereito de pernada con todo o que tivese ao seu alcance. Dereito internacional Parte do dereito que trata das relacións entre os estados e entre os membros de distintos estados. Acusaban a outro país de violar o dereito internacional. Dereito natural Conxunto de principios universais baseados na condición da natureza humana. Está lendo un tratado moi interesante de dereito natural. Dereito penal Parte do dereito que trata da aplicación das penas aos que cometen un crime ou delito. O dereito penal considera a calumnia como a imputación falsa dun delito. SINÓNIMO dereito criminal Dereito positivo Conxunto das normas xurídicas vixentes que regulan a vida dunha comunidade. O dereito positivo trata de seguir os principios do dereito natural. Dereito procesual O que se refire aos procedementos civís e criminais. O dereito procesual diferencia a desistencia da renuncia. Dereito real O que teñen as persoas sobre as cousas. O dereito real pode ser pleno ou limitado. Dereitos de autor Cantidade que percibe o autor dunha obra literaria, artística ou científica, pola súa venda ou reprodución. Cobra importantes cantidades polos dereitos de autor das súas cancións. Dereito supletorio Aquel que se aplica subsidiariamente cando non existen disposicións expresas no ordenamento principal. Os principios xerais do dereito adoitan considerarse como dereito supletorio do dereito vixente. Do dereito locución adverbial Co dereito ou coa parte principal e máis perfecta cara a fóra ou á vista, ou na posición considerada correcta ou normal. Pon o xersei do dereito. Non creo que estea estudando porque nin sequera ten o libro do dereito. Feito e dereito VÉXASE feito Non hai dereito! Exclamación de protesta contra algo que se considera inxusto. Non hai dereito a tratar así a un inocente!
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: