Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
tirar verbo transitivo1 Facer que [algo ou alguén que se ten collido] vaia cara a ou contra un lugar, persoa etc., que está a certa distancia, en particular impulsándoo coa man. Non lle tiredes pedras ao can. SINÓNIMOS arrebolar1, ceibar, guindar, lanzar, mandar, rebolar Tiroulle as chaves pola ventá. SINÓNIMOS bimbar, ceibar, chimpar, guindar, lanzar, mandar2 Soltar [algo] da man, facelo ou deixalo caer. Tiraron as armas e rendéronse.3 Facer que [algo] deixe de estar onde estaba, co que estaba, sobre o que estaba etc. Tira máis comida da pota. Tirou a carteira do bolso e pagou. SINÓNIMOS quitar, sacar Desta mina tíranse moitas toneladas de carbón ao día. SINÓNIMOS extraer, quitar, sacar4 Facer que [alguén] deixe de estar con quen estaba. Tirouno das malas compañías. SINÓNIMOS afastar, apartar, arredar, quitar, sacar5 Facer que [unha cousa] desapareza ou deixe de estar onde estaba. Ningún produto che vai tirar esa mancha. SINÓNIMOS eliminar, quitar, sacar6 Deixar a alguén sen [certa cousa ou persoa] en contra da súa vontade. Os ladróns tiráronlle o diñeiro que tiña na casa. SINÓNIMOS levar, roubar Tiráronlle todo o poder que tiña. SINÓNIMOS quitar, sacar7Malgastar Tira o soldo no bingo. Cando comprou o can, tirou os cartos.8 Facer o necesario para obter [o que se expresa]. Tirar o carné de conducir. SINÓNIMOS quitar, sacar9 Obter, conseguir. Non tirou proveito da situación. SINÓNIMOS quitar, sacar10 Imprimir [un número determinado de exemplares]. Tirar dez mil exemplares dun libro.11 Debuxar [unha liña, raia]. Tira unha liña azul e outra vermella. SINÓNIMO trazar12 Deixar de lado [alguén], facer excepción. Tirándote a ti, os demais xa remataron.13 Desfacerse de [algo que non vale ou que non se quere]. Tirou toda a roupa vella que tiña no armario.14 Botar por terra [algo], facer caer ao chan. O temporal tirou o valado da horta. OBSERVACIÓNS: Emprégase tamén seguido da preposición con Tirou con el do cabalo embaixo.15 Deporte Mover [a pelota] dunha determinada maneira ou do xeito que corresponde. Tirou a pelota o dianteiro. CONFRÓNTESE quitar, sacar16 Lanzar [un proxectil] mediante unha arma. Tirar frechas. Tamén absoluto A policía tiroulle ao ladrón e feriuno. SINÓNIMO disparar17 Botar [unha carta, ficha, dado etc.], nalgúns xogos. Garda o ás, non o tires. Tamén absoluto A quen lle toca tirar? SINÓNIMO xogar18 Facer [unha fotografía] cunha cámara fotográfica. Tirou unha foto do val de Maceda. Tirou unha foto dos pais e os fillos xuntos. CONFRÓNTESE fotografar, retratar19 coloquial Eliminar [alguén] nun exame ou proba. Xa o tiraron no primeiro exame. SINÓNIMO suspender ANTÓNIMO aprobar verbo intransitivo20 [Persoa, animal] facer forza para atraer algo cara a si. Tiroulle polos pelos. OBSERVACIÓNS: Emprégase tamén seguido da preposición de Os bois tiran do carro. SINÓNIMOS puxar, turrar21 [Algo, alguén] provocar un sentimento de atracción. Non me tiran os teus entretementos. SINÓNIMOS atraer, chamar, chistar Seica che tira esa moza! SINÓNIMOS atraer, gustar Sente morriña, tíralle moito a terra.22 [Alguén] seguir unha determinada dirección ou camiño. Tira cara á esquerda e logo tira todo dereito. SINÓNIMOS coller, pillar CONFRÓNTESE tomar23 coloquial [Persoa] seguir vivindo a pesar das dificultades. Estar non estou moi ben, pero hai que ir tirando.24 coloquial [Cousa] seguir funcionando a pesar das dificultades. Mentres lle tirou o coche vello non mercou un novo. SINÓNIMO funcionar25 Ter boa circulación de aire, facilitar a combustión. A cociña non tira ben. CONFRÓNTESE defumar26 Deporte [Corredor] ir diante doutro ou na cabeza do grupo ou pelotón para marcar o ritmo da carreira. O atleta marroquí tirou do grupo ata a última volta da carreira.27 [Peza de roupa] quedar estreita ou apertada. Esta saia non che senta ben, tírache na costura de atrás.28 [Pel] estar moi tensa. Tiráballe o sitio da ferida porque lle estaba botando a bostela.29 Ter semellanza con. OBSERVACIÓNS: Emprégase xeralmente seguido da preposición a Tíralle moito ao pai. SINÓNIMOS imitarse, parecerse, semellarse Unha cor azul tirando a verde. SINÓNIMO tender verbo pronominal30 Deixarse caer a un lugar. Tirarse ao mar. SINÓNIMO chimparse31 Pórse en posición horizontal. Tírate aí. Tirouse un anaco á sombra mentres non viña a cuadrilla. SINÓNIMOS deitarse, tombarse FRASES E EXPRESIÓNS CON tirar Tirar (algo) da boca (a alguén) VÉXASE boca Tirar da lingua (a alguén) VÉXASE lingua Tirar pola lingua (a alguén) VÉXASE lingua /pc/verbos/tirar.html
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: