Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
programa substantivo masculino1 Exposición oral ou escrita dos proxectos ou intencións dunha persoa, dun partido político etc. Programa de traballo. O programa dun partido político. Un programa económico.2 Anuncio ou distribución das partes de que vai constar unha cousa, ou ás que se ten que axustar. Cal é o programa das festas?3 Escrito que contén información sobre a distribución das partes dun espectáculo. Antes de entrarmos no teatro, déronnos o programa das actuacións.4 Cada unha das unidades emitidas pola radio ou a televisión, que tratan dun tema determinado. Un programa de animais. Un programa de radio.5 Conxunto de materias dun curso, das partes dunha materia etc., e a súa distribución. Preparar o programa. Un tema do programa.6 Conxunto de instrucións que fai que unha máquina ou aparello realice determinadas operacións. Escolleu un programa da lavadora para roupa branca.7 Informática Conxunto de instrucións, datos etc., que se introducen nun ordenador para poder realizar unha serie de operacións. Ao comprar o ordenador regaláronme un programa. FRASES E EXPRESIÓNS CON programa Programa espía Informática Programa que se introduce nun computador para espiar o contido e recoller e transmitir datos sen o permiso do usuario. Ese programa espía execútase cada vez que se acende o computador. Programa malicioso Informática Programa ou código que se introduce nun ordenador co obxectivo de causar algún dano. Os virus son o tipo máis coñecido dos programas maliciosos.
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)