Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
peixe substantivo masculino1 Calquera animal vertebrado ovíparo, que nace e vive na auga e respira por branquias, de corpo xeralmente cuberto de escamas e con aletas para nadar. Hai peixes de auga doce e de auga salgada.2 Calquera animal desta clase, cando xa foi pescado. Hoxe comemos peixe. Chegaron os barcos cheos de peixe. SINÓNIMO pescado3 figurado Persoa que actúa con mala intención. Está feito un bo peixe. É un peixe de coidado. substantivo masculino plural4 Astronomía Constelación do zodíaco situada no hemisferio celeste boreal, entre Carneiro e Augadeiro. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción escríbese con maiúscula Detectáronse planetas orbitando arredor dalgunhas das estrelas de Peixes. Forma menos recomendable: pisces5 Signo zodiacal das persoas nacidas entre o dezanove ou vinte e un de febreiro e o vinte de marzo. O signo oposto de Peixes é Virxe. Forma menos recomendable: pisces OBSERVACIÓNS: Nesta acepción escríbese con maiúscula substantivo6 Persoa que naceu baixo ese signo. Os peixes teñen unha gran capacidade de intuición. Forma menos recomendable: pisces FRASES E EXPRESIÓNS CON peixe Peixe anxo (Squatina squatina) Peixe da familia dos escuatínidos de figura semellante á dunha raia, cor acastañada con manchas escuras no dorso e abrancazada no ventre. O peixe anxo pode alcanzar unha lonxitude de dous metros. Peixe araña (Trachinus draco) Peixe da familia dos traquínidos duns corenta centímetros, corpo alongado e comprimido lateralmente, dúas aletas dorsais, a primeira cunha mancha negra na parte superior, raios espiñentos con glándulas velenosas na base e cor gris. A picada do peixe araña é moi velenosa. CONFRÓNTESE escarapote Peixe azul O que ten máis graxa. A sardiña é un peixe azul. Peixe branco O que ten pouca graxa. A pescada é un peixe branco. Peixe espada (Xiphias gladius) Peixe da familia dos xífidos, coa mandíbula superior prolongada en forma de espada, dorso azul escuro e costado e ventre prateados. O peixe espada pode acadar os catro metros de lonxitude. Peixe guitarra (Rhinobatos rhinobatos) Peixe da familia dos rinobátidos, de corpo alongado, fusiforme, coa cabeza achatada e aguzada, de cor castaña tirando a amarela no lombo e abrancazada no ventre. O peixe guitarra vive en augas pouco profundas. Peixe lúa (Mola mola) Peixe da familia dos mólidos de ata tres metros de lonxitude, corpo arredondado, boca pequena cun dente en cada mandíbula, aletas dorsal e anal triangulares e cor gris apardazada. O corpo do peixe lúa adoita estar cuberto de parasitos. SINÓNIMOS orellán, peixe roda, roda1, roda de mar Peixe martelo (Sphyrna zygaena) Peixe da familia dos esfírnidos, de cabeza achatada e alongada en dous lobos, no extremo dos cales se encontran os ollos. O peixe martelo aliméntase principalmente de peixes óseos. Peixe pau (Molva dypterygia) Peixe da familia dos gádidos de ata cento trinta centímetros de lonxitude, corpo alongado, dúas aletas dorsais, a primeira triangular, e cor cobre, cos flancos azuis prateados e o ventre abrancazado. O peixe pau e a maruca pertencen á mesma familia. Peixe rei (Anthias anthias) Peixe da familia dos serránidos, de cor rosada no lombo e nos costados, con tres bandas amarelas na cabeza que se estenden pola primeira parte do corpo e o terceiro raio da aleta dorsal moi longo. O peixe rei vive en fondos rochosos. Peixe roda VÉXASE roda1 Peixe sapo (Lophius budegassa) Peixe da familia dos lófidos de corpo ancho e aplanado, cabeza e boca grandes, pel lisa, sen escamas, cor castaña ou encarnada e ventre branco cunha membrana negra. Ben se distingue o peixe sapo da xuliana. SINÓNIMO rabada Peixe serra (Pristis pristis) Peixe da familia dos prístidos, de corpo lixeiramente achatado e fociño prolongado nunha lámina cartilaxinosa estreita e plana, bordeada dunha ringleira de dentes fortes e aguzados. O peixe serra é propio do mar Mediterráneo. Peixe voador (Cheilopogon heterurus) Peixe da superorde dos teleósteos, de corpo alongado e aplanado pola barriga, aletas pectorais moi desenvolvidas coas que pode voar a certa altura da superficie do mar, lobo inferior da cola máis longo ca o superior e cor azulada no dorso e prateada no ventre. O peixe voador pode planar para fuxir dos seus depredadores. Ser bo peixe Ser bo polo. Ben te coñezo, es bo peixe!
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: