Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
ano2 substantivo masculino Anatomía Orificio situado na parte final do recto. Os esfínteres do ano. SINÓNIMOS censo2, cenzo, cu1, curso, ollo do cu ano1 substantivo masculino1 Espazo de tempo que tarda a Terra en dar unha volta enteira arredor do Sol, que dura 365 días, 5 horas, 48 minutos e 46 segundos. A duración exacta do ano tardou en ser precisada. SINÓNIMOS ano solar, ano trópico2 Período de tempo que dura doce meses, desde o día un de xaneiro ata o trinta e un de decembro, ambos incluídos, ou ese mesmo período de tempo a contar desde un día calquera. O trinta e un de decembro acábase o ano. Vino por última vez en xuño, hai dous anos.3 Período de tempo inferior a un ano, considerado en relación ao tempo transcorrido entre o inicio e o fin dunha actividade. Ano parlamentario. Está no segundo ano da carreira. SINÓNIMO curso substantivo masculino plural4Idade Cantos anos tes? Aos teus anos e aínda con estas. FRASES E EXPRESIÓNS CON ano Ano académico Período de tempo que transcorre entre o inicio e a finalización das actividades relacionadas cun curso escolar. Vai pasar o próximo ano académico en Irlanda. SINÓNIMO ano escolar1 Ano bisesto Ano que ten un día máis en febreiro, isto é, trescentos sesenta e seis días, e que se dá cada catro anos. No ano bisesto febreiro ten vinte e nove días. Ano escolar Ano académico. O ano escolar adoita dividirse en trimestres ou cuadrimestres. Ano lunar Período de tempo en que a Lúa completa doce voltas arredor da Terra. O calendario árabe baséase no ano lunar. Ano luz Unidade de medida equivalente a 9,46 billóns de quilómetros, que é o espazo percorrido pola luz no baleiro durante un ano, a razón de case trescentos mil quilómetros por segundo. Coa axuda dun telescopio, podemos observar galaxias afastadas de nós millóns de anos luz. Ano novo 1 O ano que empeza, considerado nos primeiros días. Ano novo, vida nova. 2 O primeiro día do ano. Celebrar o Ano Novo. SINÓNIMO Aninovo Ano sabático 1 Ano de cada sete en que os xudeus deixaban descansar as terras. Durante o ano sabático, as terras descansaban do mesmo xeito que o facían os homes o sábado. 2 Ano de interrupción do traballo, xeralmente remunerado, que se concede a certos profesionais, particularmente aos docentes universitarios, para desenvolver tarefas científicas ou de investigación. Dedicou o ano sabático á ampliación de estudos no estranxeiro. Ano santo Ano en que os católicos gañan o perdón dos pecados peregrinando a Roma ou a Santiago de Compostela. O ano santo houbo moitos peregrinos. Ano solar Astronomía Espazo de tempo que tarda a Terra en dar unha volta enteira arredor do Sol, que dura 365 días, 5 horas, 48 minutos e 46 segundos. Non todos os calendarios usan o ano solar. SINÓNIMOS ano1, ano trópico Ano trópico Astronomía Espazo de tempo que tarda a Terra en dar unha volta enteira arredor do Sol, que dura 365 días, 5 horas, 48 minutos e 46 segundos. Sobre o ano trópico regúlase o calendario civil. SINÓNIMOS ano1, ano solar Ano Vello O último día do ano, o trinta e un de decembro. O día de Ano Vello saíron de festa. De hoxe nun ano Forma de expresar o desexo de que un encontro ou celebración se repita o ano seguinte. De hoxe nun ano! Saúde e sorte para todos. Entrada de ano Primeiros días do ano que comeza. A ver se temos boa entrada de ano. Estar de bo ano Ter aspecto saudable. Non dá pena velo, que está de bo ano. Facer anos Chegar [algo ou alguén] a un número exacto de anos. Hoxe fago vinte anos. Fin de ano VÉXASE fin Longos anos Moitos anos ou que resultan demasiado longos. Tras longos anos, volveu ao fogar vencido. Por moitos anos Expresión coa que se agradece un convite e se desexa saúde. Por moitos anos!, dixo erguendo a copa. Sacar a barriga de mal ano VÉXASE barriga Ter o mal ano Ser raquítico. Este raparigo non medra nada, ten o mal ano.
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: