Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
banda1 substantivo feminino1 Calquera fita ou tira de certo grosor, máis longa ca ancha e cos bordos paralelos, que destaca pola súa cor sobre o fondo en que está tecida, cosida, pintada etc. As bandas do arco da vella.2 Fita de tea que se leva cruzada sobre o peito, desde o ombreiro ata o costado oposto, como insignia dalgún cargo ou honra. Os xenerais utilizan unha banda vermella no seu traxe de gala. Os taxis levan unha banda nos laterais. A banda azul da bandeira galega. A etiqueta da botella ten unha banda diagonal.3 Peza da rede de determinadas artes de pesca. A banda do bou ten uns trece metros de longo.4 Heráldica Fita que vai desde a parte superior dereita do escudo ata a inferior esquerda. A banda ocupa a terceira parte do escudo. FRASES E EXPRESIÓNS CON banda Banda de frecuencias Conxunto formado polas frecuencias comprendidas entre dous límites determinados. Nalgunhas técnicas de modulación, pódese compartir a mesma banda de frecuencias con outros usuarios. Banda de rodamento Parte do pneumático que roza co chan. Melloraron o deseño da banda de rodamento. Banda deseñada Historia ilustrada con secuencias de cadros que teñen debuxos e textos. Obradoiro de banda deseñada. Banda larga Informática Rede ou circuíto de comunicación que ten unha alta capacidade de transmisión de datos. Contratar banda larga permitiume unha chea de prestacións antes impensables. Banda sonora Sección da fita dunha película de cine en que se rexistra o son, e o son mesmo da película. Ganou o premio a banda sonora da película española.
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)