Dicionario castelán-galego
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Esta palabra non se encontra no Dicionario Bilingüe.
Sobre o Dicionario castelán-galego da Real Academia Galega
Neste dicionario indícanse os equivalentes na lingua galega duns 26 000 lemas en castelán con máis de 55 000 acepcións, así coma dunhas 6000 unidades pluriverbais. Ademais, proporciónase a orientación semántica das acepcións, a pronuncia das voces galegas cando se considera pertinente e as diferenzas nas propiedades gramaticais entre os lemas en castelán e os equivalentes en galego (xénero, número, construcións verbais…). Os equivalentes son tamén obxecto de marcación diversa (rexistro, niveis de uso...) e de todo tipo de observacións sobre a súa forma e emprego.
O Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega leva a cabo unha actualización continua desta obra para adaptala á evolución da sociedade e ás modificacións que poidan producirse nos dicionarios monolingües académicos das linguas castelá e galega.
Sobre el Dicionario castelán-galego da Real Academia Galega
En este diccionario se indican los equivalentes en lengua gallega de unos 26 000 lemas en castellano con más de 55 000 acepciones, así como de unas 6000 unidades pluriverbales. Además, se proporciona la orientación semántica de las acepciones, la pronunciación de las voces gallegas cuando se considera pertinente y las diferencias en las propiedades gramaticales entre los lemas en castellano y los equivalentes gallegos (género, número, construcciones verbales…). Los equivalentes son también objeto de marcación diversa (registro, niveles de uso...) y de todo tipo de observaciones sobre su forma y empleo.
El Seminario de Lexicografía de la Real Academia Galega lleva a cabo una actualización continua de esta obra para adaptarla a la evolución de la sociedad y a las modificaciones que puedan producirse en los diccionarios monolingües académicos de las lenguas castellana y gallega.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Sánchez-Palomino, María-Dolores (dir.) (2026): Dicionario castelán-galego da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario-bilingue> [Consultado: <data>]




