Sábado 20 de outubro de 2018 / 9:30 h

III Xornada de Onomástica Galega: Os alcumes

A Real Academia Galega organiza, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, a III Xornada de Onomástica Galega, que estará dedicada aos alcumes.
As sesións desenvolveranse o sábado 20 de outubro en horario de mañá e tarde no Museo de Pontevedra.
A entrada é libre.
Programa dispoñible NESTA LIGAZÓN.

Martes 23 de outubro de 2018 / 19:00 h

Conferencia de Carlos Núñez: O éxito da "marca celta" e a súa profundidade

Carlos Núñez impartirá na sede da Real Academia Galega o relatorio O éxito da "marca celta" e a súa profundidade. O músico será presentado polo presidente da institución, Víctor F. Freixanes.

Pode descargar o convite NESTA LIGAZÓN.

Mércores 24 de outubro de 2018 / 19:00 h

Presentación do novo número da revista da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán

A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán (rúa Tabernas, 11 - A Coruña) acolle o mércores 24 de outubro, a presentación do último número da súa revista, La Tribuna: Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán.
No acto intervirán o presidente da Real Academia Galega e director da Casa-Museo, Víctor F. Freixanes; o director da publicación, o académico Xosé Ramón Barreiro Fernández; Javier Ozores, autor do libreto que adapta a novela La Tribuna á ópera; e a doutora Mar Novo, que centrará a súa intervención nos contos de Emilia Pardo Bazán. Tamén participará persoal do Arquivo da RAG que afondará na presenza da autora nos fondos documentais que custodia a institución.

Martes 27 de novembro de 2018 / 16:30 h

Simposio María Victoria Moreno

A Real Academia Galega celebra os días 27 e 28 de novembro de 2018 o Simposio María Victoria Moreno. As xornadas dedicadas á protagonista do Día das Letras Galegas 2018 desenvolveranse en horario de tarde no salón de actos da institución (rúa Tabernas, 11 - A Coruña).
Entrada libre e gratuíta.
PROGRAMA COMPLETO

Mércores 28 de novembro de 2018 / 16:30 h

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 20 de outubro de 2018 / 9:30 h
III Xornada de Onomástica Galega: Os alcumes
Martes 23 de outubro de 2018 / 19:00 h
Conferencia de Carlos Núñez: O éxito da "marca celta" e a súa profundidade
Mércores 24 de outubro de 2018 / 19:00 h
Presentación do novo número da revista da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán
Martes 27 de novembro de 2018 / 16:30 h
Simposio María Victoria Moreno
Mércores 28 de novembro de 2018 / 16:30 h
Simposio María Victoria Moreno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar