Arquivo

Sofía Casanova corresponsal de guerra

O arquivo da RAG conserva entre os seus fondos as memorias de Sofía Casanova así como a súa correspondencia con Pilar Marchesi. Tamén conserva algo máis de 50 poesías da escritora.

Sofia Casanova aos 85 años en Polonia, na casa de campo da súa filla Halita.

Sofía Casanova (1862-1958) ademais de escritora recoñecida -en 1.925 o seu nome soa entre os candidatos españois ao Premio Nobel de Literatura- foi tamén tradutora, falaba sete idiomas, e reporteira de guerra. Foi académica correspondente dende o nacemento da Academia e nomeada académica de honra no ano 1952.

As mulleres reporteiras de guerra son escasas e descoñecidas, apenas comeza agora a saberse delas. Stephanie Seul (Universidade de Bremen) recupera sete delas no artigo Women War Reporters entre as que inclúe a Sofía Casanova. Durante a I Guerra Mundial, Sofía Casanova foi a primeira española corresponsal de guerra e tamén a primeira corresponsal permanente nun país estranxeiro. Así mesmo, foi a única testemuña directa da prensa española na Revolución Rusa, no ano 1917. E foi, de novo, a primeira periodista estranxeira en entrevistar a León Trotski.

En 1919 viaxa a España, pobre e case cega, sendo moi ben recibida. Alfonso XIII concédelle a Gran Cruz de Beneficencia pola súa laboura nun hospital improvisado en Varsovia.

Desde Varsovia sigue a Guerra Civil española, posicionándose co bando golpista. Quizais isto sexa a causa do esquecemento ao que foi relegada a pesares da importancia da súa vida e a súa obra. Sobre isto Rosario Martínez, especialista na obra e vida de Casanova indica:

Sofía Casanova estaba pasando por unos años horribles de penuria extrema, y pretendía incluso mantener a la familia, una familia que había tenido mucho dinero pero que vivió una larga serie de guerras: la primera guerra mundial, la revolución bolchevique, las guerras de fronteras de Polonia, vivió persecuciones políticas y las pasó canutas. Y Sofía, en un momento determinado, se dejó llevar, quizá con buena voluntad, por los consejos de algunos amigos, y fue muy utilizada. No hay que olvidar que en 1938 la trajeron expresamente a Burgos para un acto de propaganda política. Pero tampoco hay que olvidar que Sofía era una persona de ideas conservadoras y que había vivido la revolución bolchevique y que de buena fe confió en el fascismo. Dentro de su mentalidad fue coherente pero en España se la utilizó mucho más allá de lo que pueda ser ético.
(www.laopinioncoruna.es., 3 de dicembre de 2009. Consultado 2 de outubro de 2020)

A II Guerra Mundial cóllea tamén en Polonia, dende onde relata a ocupación nazi de Varsovia.

O fondo está formado por manuscritos de poemas, as súas memorias e unhas pequenas notas autobiográficas, a correspondencia da mesma ca familia Bugallal, dúas fotografías e un conxunto de documentos reunido por José Luís Bugallal Marchesi: cartas, recortes de prensa e copias de artigos, todos relativos á figura da poeta.

A Academia recibiu o fondo como doazón. A familia Bugallal, da que era gran amiga, doou en 1948 as cartas que lle enviara a Pilar Marchesi. Os manuscritos literarios e autobiográficos de Sofía Casanova foron doados pola súa filla Cristina Niklewitz á Real Academia Galega no ano 1971.

Memorias de infancia en Almeiras, A Coruña
Sobre dirixido a Pilar Marchesi