Primeiro discurso político en galego

O 6 de outubro de 1907, en Betanzos, Manuel Lugrís Freire empregaba por primeira vez o galego nun acto politico.
Imaxe de grupo dunha homeanaxe a Castelao en Lugo.
Foto de grupo dunha homenaxe a Castelao, en Lugo, o 19 de xuño de 1932. De pé, canda a bandeira da Irmandade da Fala luguesa: Lugrís Freire e Castelao. Entre os asistentes encóntranse Suárez Picallo, Otero Pedrayo, Fernández Del Riego, Maside e os irmáns Villar Ponte


Xornalista, poeta, gramático, fundador da Real Academia Galega e da Escuela Regional de Declamación… As contribucións de Manuel Lugrís Freire ao noso renacemento cultural semellan incalculables polo seu número e importancia.

Porén, ademais da súa angueira intelectual, o pai do pintor Urbano Lugrís foi tamén un home comprometido politicamente que participou na fundación da rexionalista Liga Gallega da Coruña en 1897, ao carón doutras personalidades da cultura como Manuel Murguía, Salvador Golpe Varela e Uxío Carré Aldao entre outros. Cando, en 1907, esta organización se disolve, Lugrís Freire contribúe ese mesmo ano á creación de Solidaridad Gallega; proxecto no que desenvolverá unha activa militancia.

O novo partido pretendía conxugar o rexionalismo coas loitas agrarias e é nese contexto no que se sitúa o seu discurso pronunciado o 6 de outubro de 1907 en Betanzos, recoñecido como o primeiro mitin enunciado en lingua galega. A alocución foi publicada integramente no número 11 do periódico A Nosa Terra, o 19 de outubro de 1907.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 20 de decembro de 2017 / 19:30 h
Acto literario e musical co gallo do 110 aniversario da estrea do Himno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar