Novas na categoría actos.

“A revista 'Estudios Gallegos' é a primeira das formulacións máis modernas do galeguismo”

17/06/16 |
O historiador e académico Xosé Ramón Barreiro inaugurou o ciclo dedicado ás Irmandades da Fala cun relatorio no que profundou no pensamento difundido pola publicación, nada en Madrid un ano antes de se constituír o movemento

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié presentan as novidades do Portal das Palabras

16/06/16 |
O proxecto estrea no seu terceiro aniversario un 'bot' para Facebook do Dicionario da RAG, unha versión dos xogos para dispositivos móbiles e novas seccións. As entidades do noso territorio lingüístico poderán facer adaptacións do portal que tecerán unha rede de webs asociadas

A RAG inicia un ciclo sobre as Irmandades da Fala cunha conferencia de Xosé Ramón Barreiro

15/06/16 |
O historiador e académico falará este xoves na rúa Tabernas, ás 20 horas, do marco histórico do movemento. A institución celebrará ao longo do ano en oito localidades mesas de debate sobre as producións literaria, xornalística e editorial das Irmandades e sobre os seus protagonistas

Visita dos alumnos e alumnas dos Cursos de lingua e cultura galegas á Real Academia Galega

3/07/15 |
Un grupo de 60 estudantes dos Cursos de lingua e cultura galegas visitaron hoxe a sede da Real Academia Galega, onde asistiron a unha conferencia de Xesús Alonso Montero sobre a historia da institución

Inauguración da XXVIII edición dos Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”

2/07/15 |
A XXVIII Edición dos Cursos de lingua e culturas galegas “Galego sen fronteiras” acolle alumnado procedente de dezaseis países que, desde o 2 de xullo e ata o día 24, recibirá formación teórica e práctica e desenvolverá un intenso programa de actividades complementarias.

O Alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, visita a Academia

29/06/15 | Xulio Ferreiro, acompañado do Tenente Alcalde e responsable da área de Cultura, José Manuel Sande, realizou no día de hoxe unha visita institucional á Real Academia Galega, onde foi recibido polo Presidente da Institución e os membros da Comisión Executiva, Henrique Monteagudo, Rosario Álvarez e Margarita Ledo.

A Academia participou na primeira edición do 'Cultura que une'

7/05/15 | No primeiro encontro, celebrado na vila portuguesa de Amarante, o presidente e o secretario da Academia tomaron parte nunha mesa redonda baixo o título: A intelectualidade da Galiza e do Norte de Portugal.

Visita do alumnado da Universidade de Zürich

21/04/15 | Acompañado polo profesor da Universidade de Zürich e membro correspondente da Academia Johannes Kabatek, o alumnado foi introducido na historia e as funcións desta institución.

Convocada a XXVIII Edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas

7/04/15 |
Os Cursos, dirixidos a persoas de fóra de Galicia, desenvolveranse en Santiago de Compostela entre o 1 e o 24 de xullo.

Presentación do número XXX de 'Cadernos Ramón Piñeiro'

26/03/15 |
O último número desta colección subtitulado Antonio Blanco Freijeiro, Isidoro Millán González-Pardo. Cartas habidas (1953-1990) recolle o intercambio epistolar entre os dous eruditos pontevedreses.
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Luns 18 de novembro de 2019 / 16:30 h
Toponimízate - Ordes
Venres 22 de novembro de 2019 / 19:30 h
Conmemoración do 70 aniversario da colección Benito Soto - Pontevedra
Martes 26 de novembro de 2019 / 19:00 h
A Coruña - Inauguración do Simposio Antonio Fraguas
Mércores 27 de novembro de 2019 / 16:30 h
Santiago de Compostela - Simposio Antonio Fraguas
Xoves 28 de novembro de 2019 / 16:30 h
Santiago de Compostela - Simposio Antonio Fraguas

Novas da Academia

Subscríbete