"Don Ricardo encargábase de todo no Colexio Fingoi, foi un gran pedagogo"

11/05/20 |
Carballo Calero dirixiu o centro lugués que herdou o espírito da Institución Libre de Enseñanza en pleno franquismo. Asunción Fernández, actual directora do colexio e filla do fundador, o empresario e filántropo Antonio Fernández, lembra os anos do autor en Fingoi

A RAG lamenta o pasamento de Xosé López Calo

11/05/20 |
O musicólogo, membro correspondente da Academia dende 1967, faleceu onte aos 98 anos en Salamanca. Foi unha das grandes figuras da súa disciplina en España e experto destacado en fondos musicais catedralicios

"Para Carvalho Calero a poesía é catarse, nace da verdade"

8/05/20 |
O autor das Letras Galegas 2020 é "un xigante sen o que a nosa lingua e a nosa literatura serían infinitamente máis precarias", expresa Pilar Pallarés. A poeta volve escolmar a súa poesía en 'Beleza, verdade', onde repara nunha liña de poesía política, que non social, que merece un estudo serio, advirte

"A 'Historia da literatura galega contemporánea' de Carvalho Calero debería estar nos andeis de todas as casas"

7/05/20 |
O catedrático da UDC Xosé María Dobarro agarda que estas Letras Galegas visibilicen o conxunto da obra de Carvalho Calero, e reclama, especialmente, maior atención e recoñecemento para a súa historia da literatura, a novela 'Scórpio' e o poemario 'Reticências'

A prensa histórica en galego na biblioteca da RAG

5/05/20 |
Achégase o 17 de maio, un bo momento para se deter na importante colección de prensa histórica escrita en galego que se conserva na biblioteca da RAG e que conta con revistas publicadas entre a segunda metade do século XIX e as primeiras décadas do XX

"Quixen sobre todo deixar claro o compromiso permanente de Carvalho Calero coa lingua como creador, como intelectual e como docente"

4/05/20 |
Héctor Cajaraville volve asinar para a colección Merlín de Xerais a biografía para o público máis novo do persoeiro protagonista do Día das Letras Galegas. O relato acompáñase de pequenas obras teatrais inspiradas en momentos clave da vida do autor e concibidas para a representación escolar

A Academia difunde cada día do mes das Letras a serie de microespazos audiovisuais 'Unha palabra para don Ricardo'

30/04/20 |
Académicos e persoeiros relacionados coa figura que a Real Academia Galega homenaxea o Día das Letras Galegas 2020 irán trazando un retrato colectivo do autor

Un manuscrito ateigado de historia

28/04/20 |
Dende o primeiro poboamento da terra galega por un fillo de Noé ata a chegada dos suevos, o manuscrito da 'Historia de Galicia' de Benito Vázquez conservado no arquivo da RAG ofrece unha visión do pasado dende a ollada dun escritor do s. XVII onde os protagonistas son os reis e os santos da Galicia antiga

"Carvalho Calero é un autor moi complexo, moi moderno, un pouco afastado das modas, un clásico"

27/04/20 |
Henrique Rabuñal asina 'Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra', unha biografía que achega o gran público ao protagonista das Letras Galegas 2020 inspirada na estrutura da súa novela 'Scórpio'. O escritor e crítico literario valora nesta entrevista a súa obra e lembra a pegada que deixou na súa xeración

A biblioteca da Real Academia Galega estrea micrositio en Galiciana

23/04/20 |
O espazo facilita navegar polos andeis dixitais da biblioteca da RAG, con acceso a máis de 800 títulos do século XIX. A institución convida o público a descubrir esta fiestra virtual aos seus fondos nun Día Internacional do Libro marcado polo confinamento
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete