Contido con Actualidade Novas.

O 'Boletín' xunta máis de trinta olladas á vida e o legado de Carlos Casares

20/06/18 |
O número 378 da publicación da RAG recolle as contribucións de especialistas, amizades e persoas que coñeceron o protagonista das Letras Galegas 2017 nas múltiples facetas que cultivou, desde a literatura e o columnismo ata a política. O volume está dispoñible no novo espazo web das publicacións periódicas da Academia

O Seminario de Sociolingüística analiza o uso do galego na infancia nos campamentos e outros contextos de educación non formal

18/06/18 |
O traballo profunda nuns ámbitos de socialización de importancia crecente na adquisición de competencias e hábitos lingüísticos pero aínda pouco estudados. A análise céntrase na comarca de Santiago de Compostela

A RAG acolle a presentación do volume coas composicións de Manuel Feijoo para textos das letras galegas

15/06/18 |
O acto terá lugar o 28 de xuño ás 19:30 horas. O grupo Resonet interpretará varias composicións incluídas na publicación que reúne as partituras que o franciscano escribiu para autores como Rosalía de Castro, Cabanillas ou Gonzalo López Abente e arranxos para pezas populares

Xosé Ramón Barreiro, membro de honra da Academia Xacobea

15/06/18 |
A escolla do académico e ex-presidente da RAG anunciouse no acto de apertura de actividades desta institución

A xeración Z fala menos galego que a do milenio pero ten menos prexuízos negativos cara ao idioma

14/06/18 |
Unha análise da RAG sobre persoas nadas entre 1989 e 1999 sinala que aínda que perduran fortes prexuízos cara aos trazos fonéticos do galego, a chamada xeración Z comeza a asociar o idioma a valoracións máis positivas. Os resultados foron avanzados hoxe nun congreso en Barcelona

O Arquivo explica nun vídeo como se tratan os documentos

8/06/18 |
Co gallo do Día Internacional dos Arquivos, a gravación amosa o percorrido da documentación desde que chega á institución ata que queda preparada para poder ser consultada polo público

Xuntanza coa alcaldesa de Lugo

6/06/18 |
Lara Méndez recibiu o presidente e o secretario da RAG. Ambas as partes manifestaron a súa preocupación pola transmisión interxeracional do idioma e o seu interese en impulsar accións de promoción da lingua

Manuel González, premio Lois Peña Novo

5/06/18 |
O académico é recoñecido polo seu traballo de investigación científica e "as constantes achegas á riqueza do noso idioma". María Xosé Queizán e Xesús Costas tamén foron premiados. Os galardóns entregaranse o 28 de xuño no castelo de Soutomaior

Charla sobre Eladio Oviedo e outros académicos con raíces en Noia

1/06/18 |
Henrique Monteagudo ofreceu unha intervención sobre os membros da RAG vinculados á vila cadrando co centenario do pasamento de quen foi un dos fundadores da Academia

Rosario Álvarez, elixida presidenta do Consello da Cultura Galega

1/06/18 |
A académica, catedrática de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela, sucede no posto o tamén académico Ramón Villares
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 28 de xuño de 2018 / 19:30 h
Presentación - concerto: 'Padre Manuel Feijoo. Música da nosa terra'

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar