Contido con Actualidade Novas.

Ana Romaní ingresa na Academia o 6 de abril nun pleno extraordinario en Noia

20/03/19 |
O Teatro Coliseo Noela acollerá o pleno extraordinario e público. A escritora e xornalista ocupará a vacante producida polo pasamento de Xohana Torres. Margarita Ledo daralle resposta ao seu discurso de ingreso

A asociación estadounidense de didáctica das ciencias distingue a Marilar Aleixandre

20/03/19 |
A académica é autora dun dos artigos pioneiros na investigación sobre argumentación e uso de probas en ciencias. Recibirá o galardón a finais de marzo en Baltimore

A táboa periódica publícase en galego cadrando co seu 150 aniversario

15/03/19 |
A táboa dos elementos químicos pode descargarse en versión dixital e chegará en formato físico á comunidade científica e educativa cunha tiraxe de 13.000 exemplares

"As preguntas de Pardo Bazán resoan cunha intensidade intelectual e emocional contemporáneas"

15/03/19 |
A historiadora Isabel Burdiel presentou a súa biografía da narradora na sede da RAG, a antiga casa familiar de dona Emilia

A Fundación Celso Emilio Ferreiro publica a versión orixinal de "Miña Matria Galicia" no seu cincuenta aniversario

13/03/19 |
O poema gañou en 1968 o Premio Rosalía de Castro ao mellor "Canto á muller galega" dos Xogos Florais do Idioma Galego organizados en Buenos Aires. A fundación que preserva o legado do autor agasallou a RAG con exemplares da tiraxe especial que o recupera

Resolución dos contratos de Lexicografía e Toponimia

12/03/19 |
Relación de candidatos e candidatas seleccionados por orde de prelación e preferencia

O II Premio Morales ábrese a Sanabria

12/03/19 |
A convocatoria do certame de promoción do galego e da figura do precursor do Rexurdimento está dirixida a alumnado de distintas etapas e veciños adultos do Bierzo e da comarca zamorana. O prazo de presentación de debuxos, para os máis pequenos, e textos permanece aberto ata o 15 de outubro

Cerdedo-Cotobade revive o Entroido de Fraguas

11/03/19 |
Veciños e veciñas recuperaron figuras tradicionais desta festa nunha xornada na que tampouco faltaron disfraces inspirados noutras obras do protagonista do Día das Letras Galegas deste ano, natural da localidade

Contratos de toponimia e lexicografía: persoas seleccionadas para realizaren a entrevista

11/03/19 |
Convócase os candidatos e candidatas para o posto de lexicografía ás 11:15 horas do martes 12 de marzo e as persoas seleccionadas para a entrevista para as prazas de toponimia ás 12:15 horas

A Real Academia Galega homenaxeará a Salvador García-Bodaño o Día da Poesía

9/03/19 |
O poeta e académico é un dos grandes nomes da xeración das Festas Minervais. Autores e autoras de distintas xeracións darán voz aos poemas do académico nun recital público que terá lugar o 21 de marzo a partir das 19:30 horas
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete