Contido con Actualidade Novas.

Freixanes aposta no XIX Simposio Pondaliano por darlle voz á mocidade para abordar o futuro da lingua

4/10/17 |
O presidente da RAG inaugurou os encontros cunha intervención sobre a saúde da lingua e da literatura galegas. Manuel Ferreiro presentou 'Eduardo Pondal. Os cantos eran da Patria (120 poemas)', un novo volume das 'Antoloxías da Academia'

Antonio García Teijeiro gaña o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil con "Poemar o mar"

3/10/17 |
O galardón acadado polo escritor vigués e o sexto nesta categoría para as letras galegas e o segundo que recae sobre un libro de poesía

Unha velada con literatura, música e petiscos en homenaxe a Pardo Bazán

2/10/17 |
A RAG, A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán e Marineda City trouxeron ao século XXI o espírito dos encontros literarios que a autora celebraba no seu fogar co gallo do seu 166 aniversario. De Vacas compuxo para a ocasión unha canción sobre a autora

A recuperación do patrimonio individual e colectivo dos nomes e apelidos, a análise en Pontevedra

30/09/17 |
A II Xornada de onomástica galega aborda a normalización legal, lingüística e social dos nomes e apelidos. O proceso de deturpación empezou cando o galego deixou de empregarse nos documentos oficiais, a principios do século XVI

Xohana Torres, Premio da Cultura Galega a título póstumo

29/09/17 |
A académica, falecida o pasado 12 de setembro, foi distinguida na modalidade de Letras. Berta Álvarez Cáccamo, Mabel Rivera, Uxía Senlle, Óliver Laxe, o proxecto Apego, a Fundación Rosalía de Castro e Cristina Pato son os demais galardoados

Chus Pato ingresa na Academia explorando os límites da poesía

23/09/17 |
A poeta leu no IES Otero Pedrayo de Ourense, do que foi aluma, o discurso de entrada na RAG, unha reflexión sobre a creación poética e os seus límites que profunda na relación da poesía coa linguaxe e a filosofía. “O poema é un dos medios que un idioma usa para sobrevivir”, salientou

Alumnado do instituto arxentino galego Santiago Apóstolo visita a Academia

21/09/17 |
Os mozos e mozas, acabados de chegar a Galicia, foron recibidos por membros da executiva. "É unha alegría que veñades. Vós sodes Galicia e vós sodes a cultura galega", díxolles o presidente

A II Xornada de onomástica galega abordará os aspectos legais, sociais e lingüísticos dos nomes e dos apelidos

19/09/17 |
O programa desenvolverase o 30 de setembro no Museo de Pontevedra. A entrada é libre. Trataranse desde os procedementos normativos para restituír a onomástica persoal deturpada ata estratexias nesta dirección en ámbitos como o educativo. Unha mesa sobre os nomes na ficción pechará a xornada

Cacabelos celebra o bicentenario de Fernández Morales

17/09/17 |
A localidade onde medrou e aprendeu o galego acolleu a derradeira das tres xornadas do programa arredor da súa vida e obra. Un recital poético e unha actuación musical ante a súa tumba pecharon o programa coorganizado pola RAG

Unha exposición e música contemporánea en Vilafranca para os versos do cantor do Bierzo

16/09/17 |
O Claustro de San Nicolás o Real amosa a mostra 'Antonio Fernández Morales e o galego no Bierzo'. Carmen Penim e Maurizio Polsinelli estrean unha composición baseada no poema “Villafranca i a vendima”
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Luns 26 de febreiro de 2018 / 11:15 h
Homenaxe a Filomena Dato en Bergondo

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 377

Boletín da Real Academia Galega
nº 377

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar