Contido con Actualidade Novas.

A RAG e PuntoGal presentan o terceiro concurso de microrrelatos

28/01/20 |
As bases establecen un total de nove premios para os mellores textos de ata 200 palabras de autores e autoras de todas as idades. O prazo de presentación de contos permanecerá aberto todo o mes de febreiro

Unha exposición abre a programación do Ano Carvalho Calero en Ferrol

27/01/20 |
O concello natal do autor recupera a mostra do seu centenario, que poderá verse ata o 31 de maio no Centro Cultural Torrente Ballester

O consello consultivo para o idioma frisón coñece o funcionamento da Academia

23/01/20 |
O presidente Víctor F. Freixanes recibiu unha delegación de membros de DINGtiid, entidade creada en 2014 para protexer e promover a lingua da provincia de Frisia

Os premios Cidade de Pontevedra recoñecen a traxectoria de Rosario Álvarez a prol da lingua

22/01/20 |
A académica salientou no acto de entrega do galardón a pegada das raíces pontevedresas na súa identidade. "De aí nace o meu amor pola cultura popular e pola lingua da xente"

Ribadeo nomea a Luz Pozo Garza filla predilecta

20/01/20 |
O concello onde naceu e viviu os primeiros sete anos da súa vida rendeulle homenaxe nun acto público celebrado no salón de plenos. "Ribadeo medra comigo, vive comigo e morre comigo", agradeceu a académica

O Colexio Fingoi acolle a presentación dunha exposición sobre os quince anos de Carballo Calero en Lugo

16/01/20 |
A mostra, elaborada polo Colectivo Egeria, conta coa colaboración da RAG, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e do centro educativo do que o protagonista do Día das Letras Galegas foi director. Complétase cunha web sobre os 15 anos do autor na cidade

A RAG anima a mocidade a empregar o galego en todos os contextos e demanda políticas de socialización facilitadoras

14/01/20 |
O presidente Víctor F. Freixanes participou na apertura dunha nova edición do programa inmersión para adolescentes 21 Días co galego, que chega desta volta a dez centros educativos

O Ano Ricardo Carballo Calero bota a andar

13/01/20 |
A comisión executiva recibiu na RAG a visita de Victoria Carballo Calero, con quen perfilou o calendario de celebracións arredor do Día das Letras Galegas dedicado ao seu pai

Conferencia de Francisco Fernández Rei sobre a fala de Cambados

3/01/20 |
O académico ofreceu unha intervención divulgativa no pazo de Fefiñáns sobre as peculiaridades do galego do seu concello natal e a ría da Arousa, onde reivindicou a riqueza das súas formas dialectais

A Real Academia Galega lamenta o pasamento de Andrés Fernández-Albalat Lois

30/12/19 |
O arquitecto, membro de número da institución dende 1999, faleceu onte na Coruña aos 95 anos de idade. Foi un referente da arquitectura galega contemporánea e deixou tamén pegada como urbanista co proxecto A Cidade das Rías
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete