'Toponimízate' chega este venres a Celanova e o luns 29 de outubro a Brión

26/10/18 |
Víctor F. Freixanes presentará a charla que impartirá Vicente Feijoo en Brión. O especialista en toponimia explicará o significado do nome do concello e das parroquias e aldeas, e tamén como funciona a aplicación para preservar e recoller a microtoponimia. A campaña segue o 31 de outubro na Lama

O Arquivo enriquece o fondo de Emilia Pardo Bazán con 85 cartas inéditas da autora que abranguen catro décadas

24/10/18 |
A correspondencia adquirida, remitida á súa amiga Carmen Miranda, constitúe un dos conxuntos documentais deste tipo máis relevantes da autora, tanto polo número de cartas que o compoñen como polo período de tempo que abrangue

Un discurso de Lucas Labrada de 1806 sobre a utilidade das bibliotecas para celebrar o seu día

23/10/18 |
O ilustrado ferrolán escribiu a alocución para ser lida na inauguración da primeira biblioteca pública da Coruña. A RAG conserva un exemplar da obra que pertenceu á biblioteca de Emilia Pardo Bazán e que pode consultarse en versión dixital

Carlos Núñez pescuda nas raíces musicais da "marca celta"

23/10/18 |
O músico repasou no relatorio que ofreceu na RAG referencias ao celtismo na cultura galega a través de autores como Castelao, Cunqueiro ou Emilia Pardo Bazán

Entrega dos I Premios Morales para a promoción da lingua galega no Bierzo

23/10/18 |
Os galardóns entregáronse a pasada fin de semana nas Médulas nun acto que deu paso a un magosto popular. O académico correspondente Héctor Silveiro participou en representación da RAG, unha das entidades promotoras desta convocatoria

"Os alcumes e sobrenomes medievais son fontes de apelidos actuais"

20/10/18 |
A III Xornada de Onomástica Galega céntrase nos alcuños e aborda casos concretos como o de dúas aldeas de Lalín e o barrio pontevedrés da Moureira, os alcumes que designan a veciños dunha mesma localidade ou os nomes de usuarios de editores da Wikipedia

Carlos Núñez analiza o 23 de outubro na RAG o éxito da "marca celta"

18/10/18 |
O popular gaiteiro impartirá unha conferencia no salón de actos da Academia. A entrada é libre ata completar capacidade

A campaña ‘Toponimízate’ divulga a riqueza dos nomes da terra e anima a participar na recuperación da microtoponimia

17/10/18 |
A iniciativa ofrecerá charlas sobre a historia dos topónimos e as novas ferramentas para facilitar a recollida, a preservación e a difusión na Rede dos microtopónimos. Chegará entre outubro e decembro a 15 concellos das catro provincias

Máis dun cento de nenos e nenas homenaxean a María Victoria Moreno na entrega dos premios de Primavera das Letras

16/10/18 |
As comunidades educativas do CEIP Anxo da Garda (A Coruña), do CPI Virxe da Cela (Monfero) e da EEI do Milladoiro (Ames) recolleron hoxe os premios do concurso Contádenos o voso Día das Letras

'Os novísimos da poesía galega', o outro debut de María Victoria Moreno

11/10/18 |
A autora publicou en 1973 unha antoloxía de dez autores menores de 30 anos. A crítica cebouse con aqueles mozos considerados epígonos da poesía social e xerou unha etiqueta que os acompañou moito tempo, lembran eles corenta e cinco anos despois. O limiar de María Victoria Moreno reflicte o seu fondo coñecemento da historia da lingua e a literatura galega ao pouco de se establecer en Galicia
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 26 de marzo de 2019 / 19:30 h
Comba Campoi e Santi Prego falan sobre os monicreques de Barriga Verde
Sábado 6 de abril de 2019 / 12:00 h
Pleno extraordinario de recepción como académica de Ana Romaní - Noia

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán 2019


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar