Pilar Pallarés acada o Premio Nacional de Poesía con 'Tempo fósil'

31/10/19 |
O xurado do galardón do Ministerio de Cultura recoñece o seu último libro de poemas por transmitir con "profunda sabedoría e emoción" a experiencia da perda e da destrución do vivido

'Notas compostelás' recupera dous textos de Antonio Fraguas relacionados con Santiago

31/10/19 |
O volume editado polo Consorcio de Santiago e Galaxia rescata dous artigos do protagonista das Letras Galegas 2019 sobre a a historia da vida universitaria e a Sociedade Amigos da Arte da cidade

'Toponimízate' chega a Mazaricos, Manzaneda e Ribadavia

30/10/19 |
Vicente Feijoo, membro do Seminario de Onomástica, falaralles aos veciños e veciñas da orixe e o significado dos nomes dos seus concellos, parroquias e aldeas

Xosé M. Núñez Seixas gaña o Premio Nacional de Ensaio

29/10/19 |
O historiador faise co galardón pola súa obra 'Suspiros de España. El nacionalismo español 1808-2018'. O xurado destaca o esforzo de síntese, a claridade expositiva e o rigor do traballo

O Simposio Antonio Fraguas profunda no legado do protagonista das Letras Galegas 2019 con tres xornadas entre A Coruña e Santiago

24/10/19 |
A Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, o Museo do Pobo Galego e a Fundación Antonio Fraguas colaboran na organización do encontro que lle porá o ramo á celebración do Día das Letras Galegas 2019 os vindeiros 26, 27 e 28 de novembro

Un manual de bibliotecas do século XVIII para celebrar o seu día

24/10/19 |
A biblioteca da Academia conserva unha curiosa obra de 1759 sobre o modo de ordenar e compoñer unha biblioteca, escrita por un monxe bieito alemán que foi bibliotecario en varias abadías. O volume pertence á biblioteca particular de Emilia Pardo Bazán

O Centro PEN Galicia concede o oitavo Premio Voz de Liberdade a Marina Mayoral

23/10/19 |
O galardón recoñece a traxectoria literaria da académica de honra e a súa constante defensa da liberdade de expresión e das mulleres escritoras. A autora recollerá o premio na segunda quincena de novembro

Un grupo de docentes de gaélico visita a Academia

23/10/19 |
Os profesores coñecen estes días distintas institucións e centros de ensino de Galicia interesados pola situación do galego e por experiencias que inspiren medidas para a promoción da súa lingua. A visita enmárcase nun proxecto Erasmus

A alcaldesa da Coruña visita a Real Academia Galega

21/10/19 |
Inés Rey coñeceu a sede da institución e mantivo un encontro coa comisión executiva na que ambas as partes coincidiron na vontade de profundar na colaboración entre a RAG e o Concello da Coruña

Convocatoria de dous contratos para realizar traballos de sociolingüística

21/10/19 |
A Real Academia Galega convoca un concurso aberto para dous contratos de persoal técnico de sociolingüística. As solicitudes poderán presentarse ata o 31 de outubro
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete