O IES de Foz gaña I Certame Escolar de Podcasts Xosé Mosquera

6/06/19 |
O concurso que leva o nome de quen deu vida ao popular personaxe do Vello dos Contos recoñeceu cun accésit o IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas. O CEIP Nicolás del Río de Cedeira mereceu unha mención especial

A Academia estreita lazos culturais nunha visita ao Brasil

5/06/19 |
Víctor F. Freixanes, Henrique Monteagudo e Rosario Álvarez participaron nun coloquio sobre a lingua e a cultura galega na Universidade Federal do Rio de Janeiro. Hoxe intervirán no "I Seminário Internacional Galego e Português: O Passado Presente", en Niterói, e mañá serán recibidos na Academia Brasileira de Letras

Xosé Ramón Barreiro e Xosé Luís Axeitos presentan o terceiro tomo das cartas a Murguía

3/06/19 |
Os académicos editan a correspondencia pasiva do intelectual de 1886 a 1923 no penúltimo volume dun epistolario de case dúas mil cartas, a maioría dos fondos da Academia. O proxecto constitúe unha ferramenta fundamental para o estudo da historia cultural de Galicia

O 'Boletín' recompila achegas á vida e obra de María Victoria Moreno e á 'Gramática' de Saco Arce

29/05/19 |
O novo número da publicación, cos traballos do Simposio María Victoria Moreno e as alocucións do Día das Letras Galegas 2018, está dispoñible en liña. Recolle tamén traballos arredor da 'Gramática' de Saco Arce nos seus 150 anos e contribucións sobre a poesía e o pensamento de Samuel Eiján

Nove historias en 200 palabras con premio

28/05/19 |
Jessica Rodríguez, de Mesía, gaña o primeiro premio de adultos cun impactante relato de só 85 palabras. O primeiro premio de xuvenil foi para o relato “Cacería nocturna”, do coruñés Óscar Fernández Freire, e a compostelá Claudia Martínez Asenjo mereceu o primeiro premio de infantil con “O valor dos nomes”

As escolas poderán participar en Contádenos o voso Día das Letras ata o 22 de xuño

24/05/19 |
A Academia convoca ao abeiro do proxecto Primavera das Letras o certame que premiará iniciativas dos centros educativos para celebrar o Ano Antonio Fraguas

A Academia e PuntoGal entregan o 27 de maio os premios do II Concurso de microrrelatos

23/05/19 |
Os galardóns entregaranse o 27 de maio ás 18 horas na RAG. O público poderá escoitar os nove relatos de ata 200 palabras premiados, escritos por persoas de 11 a 75 anos

A Academia celebra o maxisterio de Antonio Fraguas na procura da memoria colectiva

17/05/19 |
O pleno do Día das Letras Galegas tivo lugar ao pé da escola de Famelga, no Cotobade natal de Fraguas. A homenaxe ao etnógrafo e académico reivindica o seu legado e as raíces da cultura e da lingua galegas que tanto estudou

Presentación da curtametraxe documental 'Amantes da Terra'

16/05/19 |
O vídeo, dispoñible na Rede, ofrece unha aproximación á figura de Antonio Fraguas a través de distintos testemuños. Amparo Rodríguez, veciña e amiga de Cotobade, recórdao de novo recollendo as coplas que cantaban as mozas

Diálogo en Vigo sobre don Antonio de Insuela

16/05/19 |
Víctor F. Freixanes participou nun encontro do Club Faro sobre o autor ao que a Academia dedica este 17 de maio. O presidente compartiu mesa redonda co editor Manuel Bragado e Malores Villanueva e Héctor Cajaraville, biógrafos de Fraguas
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete