"Na experiencia de Chévere, o teatro en versión orixinal suma, o público agradéceo"

10/07/18 |
Patricia de Lorenzo e Manuel Cortés, integrantes da compañía teatral nada en Compostela hai xa máis de tres décadas, comparten a experiencia de actuar sobre os escenarios fóra de Galicia sen traducir as obras

O Día das Letras Galegas de 2019 estará dedicado a Antón Fraguas

7/07/18 |
O Pleno da RAG acordou hoxe dedicarlle o vindeiro 17 de maio. Fraguas foi membro das Irmandades e do Seminario de Estudos Galegos, historiador, etnógrafo, presidente do Museo do Pobo Galego, profesor depurado polo franquismo e querido polo alumnado, narrador oral excepcional e intelectual cunha popularidade pouco común

Pandeireteiras, cantos de cego e o afiador que inspirou a Miles Davis

5/07/18 |
O zanfonista Mauro Sanín ofreceu un percorrido pola historia da música tradicional galega no programa de palestras dos cursos “Galego sen fronteiras”. O gaiteiro converteuse no XIX en imaxe simbólica pero “talvez a máis representativa de Galicia sexa a música vocal, a interpretada polas pandeireteiras”

Da orixe á consolidación dos símbolos de Galicia

3/07/18 |
O académico Ramón Villares abordou na conferencia inaugural dos cursos "Galego sen fronteiras" o nacemento e o proceso de consolidación do Himno e a bandeira como elementos de identidade colectiva

Os cursos "Galego sen fronteiras" comparten un ano máis diversidade

2/07/18 |
A XXXI edición empeza co acto de benvida ao alumnado de catro continentes. O programa combinará as aulas teóricas e prácticas con conferencias, roteiros e obradoiros

A Academia elixe o 7 de xullo a figura que será homenaxeada o Día das Letras de 2019

29/06/18 |
O primeiro Pleno ordinario tras o 17 de maio someterá a votación as dúas candidaturas rexistradas: a de Ricardo Carballo Calero e a de Antón Fraguas Fraguas

"A música de Manuel Feijoo funciona como unha banda sonora para as nosas letras"

28/06/18 |
O grupo Resonet abriu e pechou con Rosalía o concerto de presentación na Academia do libro que recolle as obras do músico franciscano para versos da literatura galega. Carlos Núñez Deza salientou as fondas raíces populares das súas composicións

Os Cursos "Galego sen fronteiras" arrincan o 2 de xullo coa benvida a preto de 80 estudantes de catro continentes

28/06/18 |
A XXXI edición reúne estudantes interesados pola lingua e a cultura galegas procedentes de vinte e catro países de Europa, América, África e Asia e cinco comunidades autónomas

Xosé Luís Regueira, novo director do ILG

25/06/18 |
O académico foi nomeado hoxe responsable do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, ao que está vinculado desde 1981

O Dicionario incorpora ‘ciberataque’, ‘blogosfera,’ ‘xestor –a de comunidade’ e ‘aporofobia’, entre outros termos

22/06/18 |
O Seminario de Lexicografía revisou entre xaneiro e a primeira quincena de xuño preto de 2.200 voces e aprobou case 350 novas entradas, novas acepcións e cambios nas definicións. Faldriqueira recobra actualidade para denominar a bolsa pequena que se cingue á cintura cun cinto
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete