A Academia lamenta o pasamento do académico correspondente Víctor Campio Pereira

24/07/18 |
O escritor, membro da institución desde o ano 2011, faleceu hoxe en Ourense. Autor dunha obra literaria que abrangueu a poesía, a novela, o ensaio e o articulismo, foi un activista cultural destacado na cidade de Ourense desde os últimos anos do franquismo

Os XXXI cursos "Galego sen fronteiras" conclúen coa entrega de diplomas

24/07/18 |
Na cerimonia recibiu simbolicamente un recoñecemento a pequena Noa, filla dunha alumna e exemplo do interese do alumnado en volver “á que é a vosa casa”, salientou o presidente da Academia

Unha ollada etnográfica sobre a transmisión interxeracional do galego nas familias a prol do idioma

23/07/18 |
O sociolingüista bengalí Anik Nandi, ex-alumno de "Galego sen fronteiras", volveu como relator para falar do estudo que fixo entre familias de Santiago, Bertamiráns, Esteiro, Narón e Vigo. “As políticas lingüísticas de resistencia familiar” non abondan para que os nenos falen galego e son precisas medidas que incidan nos factores sociais e estruturais, sinala

A RAG participa na constitución do Padroado de Honra do Centenario da Academia da Lingua Vasca

20/07/18 |
O presidente Víctor F. Freixanes celebra a ocasión de ver reunidas as catro academias das linguas de España e avoga pola necesidade dun posicionamento común a prol da realidade plural das linguas cooficiais recoñecidas constitucionalmente.

Que pasa dentro do cerebro dun galego?

19/07/18 |
O científico e divulgador Xurxo Mariño explica como é a actividade eléctrica das neuronas e comenta algunhas das últimas achegas sobre bilingüismo e cerebro

21 días co galego, nos Cursos de lingua e cultura galegas

18/07/18 |
O proxecto creado por Pilar Ponte actúa a prol do idioma nun tramo de idade vital para o seu futuro. A docente faloulles sobre esta experiencia a estudantes de vinte e cinco países

Unha ollada á lingua desde o dereito

17/07/18 |
A xurista e académica correspondente Alba Nogueira explicoulles aos estudantes dos Cursos de lingua e cultura galegas o que significa a cooficialidade dunha lingua, as diferenzas entre o dereito e o deber de sabela ou os distintos sistemas lingüísticos no ensino das comunidades con idioma propio

O Concello de Santiago recibe o alumnado dos cursos "Galego sen fronteiras"

16/07/18 |
O alcalde e membros da corporación local déronlle a benvida ao Pazo de Raxoi. Os Cursos de lingua e cultura galegas desenvólvense desde 1988 en Compostela

"A produción cultural debe asumir a herdanza do rural desde unha perspectiva contemporánea e crítica"

13/07/18 |
María do Cebreiro Rábade Villar incide na necesidade de prestarlles atención desde a literatura aos procesos de transformación que sofre o rural. A poeta e investigadora abordou nun relatorio a relación entre literatura e os afectos centrada no arraigamento

A festa das Letras Galegas de María Victoria Moreno percorre o mundo

12/07/18 |
A comunidade galega no exterior deixa un regueiro de actividades en Europa e América arredor do 17 de maio e a autora homenaxeada, a última delas celebrada onte no colexio arxentino-galego de Buenos Aires
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete