Ourense acolle o 22 de novembro os actos de celebración dos 150 anos da 'Gramática' de Saco Arce
16/11/18 |
A Academia recordará o autor da primeira gramática da lingua galega o vindeiro 22 de novembro no IES Otero Pedrayo. O centro de ensino acollerá ás 13:00 horas a inauguración dunha mostra. O Seminario de Gramática celebrará a partir das 16:30 horas unha homenaxe na que se profundará no perfil biográfico de Saco Arce e na súa obra no contexto do Rexurdimento
A Facultade de Filoloxía da USC homenaxea a Manuel González e Francisco Fernández Rei
16/11/18 |
A área de Románica organizou un acto no que participaron compañeiros do centro, colegas doutras universidades estatais e estranxeiras e antigos alumnos. A celebración foi unha sorpresa para os académicos, que iniciaron a andaina universitaria xuntos
A Academia lamenta o pasamento da académica de honra Giulia Lanciani
15/11/18 |
A filóloga italiana, catedrática da Università Roma Tre, era un referente internacional da filoloxía románica como investigadora da lírica medieval galega. Promoveu tamén a cultura galega contemporánea no seu país con traducións e traballos de divulgación da poesía actual e das obras italianas vertidas ao galego
Un álbum de autógrafos para celebrar o Día Internacional do Patrimonio
13/11/18 |
O Arquivo amosa a colección doada por Juana Fernández Pinto xunto a outra documentación propia e do seu home, o escritor e xornalista Xavier Bóveda. Os álbums de autógrafos popularizáronse no século XIX. As mulleres eran con frecuencia as principais coleccionistas de sinaturas de persoeiros nun tempo en que estaban excluídas da vida pública que reflicten estes libros
A RAG e a ONCE colaborarán para reforzar o galego entre as persoas con discapacidade visual
12/11/18 |
Ambas as institucións formalizaron un protocolo ao abeiro do cal se comprometen a traballar para incrementar a oferta bibliográfica en galego dispoñible tanto en braille como en versión sonora
A EOI de Madrid-Jesús Maestro acolle unha nova charla de 'Toponimízate'
9/11/18 |
Vicente Feijoo impartirá novas charlas nas vindeiras semanas en Moaña, Miño, Cospeito, Parada de Sil e Cariño tras pasar este xoves pola escola oficial de idiomas madrileña
María Xesús Lama gaña o Premio Nacional de Ensaio coa súa biografía de Rosalía
8/11/18 |
O xurado destaca a contribución da profesora da Universidade de Barcelona á revisión dunha imaxe tópica de Rosalía de Castro ancorada nunha visión romántica e chorona. 'Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863)' é a segunda obra que acada este galardón
Viveiro nomeará a Luz Pozo Garza filla adoptiva o 18 de novembro
8/11/18 |
A escritora e académica será homenaxeada no concello onde pasou parte da súa infancia e impartiu clases durante anos. Luz Pozo Garza dálle nome á escola oficial de idiomas da localidade desde o pasado mes de marzo
O apoderamento feminino entra no Dicionario
5/11/18 |
O Seminario de Lexicografía engade acepcións ao termo 'apoderar' e incorpora 'apoderamento' para expresar coa voz propia do galego unha nova realidade social no avance cara á igualdade
Os Premios da Crítica de Galicia recoñecen o labor de Ana Romaní a prol da cultura e da lingua
5/11/18 |
A académica electa resultou galardoada na modalidade de Iniciativas Culturais e Científicas. A XLI edición dos premios tamén recoñeceu a última novela de Xabier P. DoCampo e a José Luis Mascareñas, Mercedes Peón, Javier Alonso de la Peña, Álvaro Lago, Boaga e a Mostra Internacional de Teatro Cómico de Cangas
Axenda de actos Ver todos |
Xoves 5 de decembro de 2019 / 19:00 h Charla de Toponimízate - Casa da cultura de Noia |
Mércores 11 de decembro de 2019 / 11:30 h Charla da campaña Toponimízate nas Neves |
Luns 16 de decembro de 2019 / 14:30 h Charla da campaña Toponimízate - Folgoso do Courel |
Martes 17 de decembro de 2019 / 15:45 h Charla da campaña Toponimízate - Cerdedo-Cotobade |
Xoves 19 de decembro de 2019 / 12:30 h Charla da campaña Toponimízate - Pazos de Borbén |
Boletín da Real Academia Galega
nº 379
Cadernos de Lingua
nº 36
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego
(23ª ed.)
Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega