A Deputación da Coruña apoia diversos proxectos da RAG para o estudo e promoción do idioma

9/10/18 |
O presidente da Academia, Víctor F. Freixanes, e a vicepresidenta do ente provincial, Goretti Sanmartín Rei, asinaron un novo convenio de colaboración entre ambas as institucións

O Arquivo da Academia recibe unha doazón de correspondencia e manuscritos poéticos de Francisco Añón

8/10/18 |
Enrique González-Añón Villar, descendente do poeta precursor do Rexurdimento, lega á institución documentos conservados polo seu pai, o derradeiro alcalde republicano de Outes

O Simposio María Victoria Moreno presentará a finais de novembro novas olladas á autora

4/10/18 |
A Real Academia Galega xuntará quince voces especialistas no encontro que terá lugar o 27 e o 28 de novembro na sede da institución

A III Xornada de Onomástica Galega estará dedicada aos alcumes

2/10/18 |
A Academia celebra a 20 de outubro no Museo de Pontevedra unha xornada aberta ao público que profundará nos adeallos nos apelidos, na antropoloxía ou mesmo na Wikipedia. A relación entre a toponimia e a botánica ou a poesía pondaliana, entre os temas que se abordarán

Un selo conmemorativo e un gran mural para a recta final do Ano María Victoria Moreno

2/10/18 |
A tiraxe para coleccionistas verá a luz o 22 de novembro, día do 13 cabodano da autora. Unha parede da rúa Eduardo Pondal de Pontevedra servirá de lenzo para homenaxeala

Monográfico das Letras Galegas 2018 nos 'Cadernos Ramón Piñeiro'

2/10/18 |
No volume número 38, presentado onte en Santiago de Compostela, colaboran tres membros da Academia xunto a outros dezanove especialistas que abordan distintos perfís de María Victoria Moreno e a súa obra. As ilustracións do Grupo Liter21 enriquecen o especial

A análise sociolingüística do CEIP Agro do Muíño de Ames, guía para recuperar terreo para o galego na infancia

26/09/18 |
O Concello de Ames acolleu hoxe a presentación do informe realizado pola RAG a partir dos datos recollidos polo centro educativo de Ortoño. Reverter a perda de galegofalantes é posible traballando dentro e fóra do ensino, apunta o documento

O Premio Nacional de Periodismo Cultural 2018 recoñece a traxectoria de Ana Romaní

25/09/18 |
O xurado salienta da académica electa o “constante traballo de promoción da cultura e da radio con formatos propios”, así como a súa visión de feminismo crítico e compromiso social

Antón Santamarina e Ramón Villares, premios da Cultura Galega 2018

25/09/18 |
O filólogo e o historiador, membros de número da RAG, foron galardoados nas modalidades de lingua e acción exterior. O xurado premia tamén a Xosé María Álvarez Cáccamo, Luz Darriba, o Fiot, o Festival de Cans, A Roda e O Sorriso de Daniel

O alumnado do instituto arxentino galego Santiago Apóstolo visita a Academia

24/09/18 |
Dezaoito estudantes do centro porteño coñeceron a biblioteca, o arquivo e mais a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. A académica Fina Casalderrey deulles a benvida en nome da corporación
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete