A RAG e a Academia Brasileira de Letras asinan un acordo de amizade e colaboración

10/01/19 |
O documento rubricado na Coruña polos presidentes de ambas as institucións contempla a promoción do intercambio cultural e académico e abre as portas a proxectos compartidos

Empeza o Ano Antonio Fraguas

7/01/19 |
A RAG o espazo biográfico dedicado ao protagonista do Día das Letras Galegas 2019, asinado polo académico correspondente Clodio González. O pleno extraordinario do 17 de maio celebrarase en Cotobade, a localidade natal do homenaxeado

"Deseucaliptización", elixida Palabra do Ano 2018

27/12/18 |
O neoloxismo, que reflicte a crecente preocupación social por un aspecto destacado da xestión do monte galego, impúxose ás outras cinco finalistas co 55% dos votos. "Feminismo" e "sororidade" foron os seguintes termos máis votados nun ano marcado polas reivindicacións de igualdade entre mulleres e homes

Ángel Orcajo doa á Academia un cadro de homenaxe a Rosalía de Castro

20/12/18 |
O artista madrileño, que mantén un estreito vínculo con Galicia, fixo entrega da obra de gran formato, na que irmanda a escritora galega con Proust. O pintor é un dos grandes representantes do 'pop art' español

Seis voces optan a se converter na Palabra do Ano 2018

18/12/18 |
Apoderamento, “deseucaliptización”, fariña, fascismo, feminismo e sororidade son as voces finalistas de acordo coas suxestións do público remitidas ao Portal das Palabras. A votación a través de Internet permanecerá aberta ata as 23:59 horas do 25 de decembro

Mercedes Queixas Zas, nova académica correspondente

15/12/18 |
O pleno da Real Academia galega aprobou o nomeamento da profesora e escritora na sesión ordinaria celebrada onte pola tarde na Coruña

Samuel Eiján, o poeta da transcendencia

13/12/18 |
A xornada que a RAG, a Provincia Franciscana de Santiago e a Xunta de Galicia dedicaron ao escritor ourensán recupera a lírica galega dun dos máis destacados poetas relixiosos das nosas letras, recompilada polas tres institucións no volume 'Samuel Eiján. Poesía reunida'

A Academia recibe a visita do arcebispo Julián Barrio

10/12/18 |
O relixioso agradeceu "o esforzo de dignidade e prestixio cara á lingua e os seus falantes que os académicos realizan día a día" e lembrou as achegas á cultura galega de figuras como o padre Sarmiento, López Ferreiro ou Saco Arce

O Portal das Palabras abre o prazo de presentación de candidaturas á Palabra do Ano 2018

4/12/18 |
O público pode enviar as propostas ata as 23:59 horas do 16 de decembro. As máis populares pasarán á segunda fase, na que se decidirá cal é o termo que mellor identifica o ano a piques de concluír mediante votación telemática ata as 23:59 do día 25

As academias das xeracións nativas dixitais

4/12/18 |
O presidente da RAG e o director da RAE coinciden no encontro organizado polo Ateneo de Santiago no desafío que supón saber chegar ás novas xeracións
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete