A 'Guía dos elementos químicos', un xeito entretido de profundar na táboa periódica

21/01/19 |
A obra divulgativa de Manuel Bermejo, Ana González Noya e Marcelino Maneiro contou coa colaboración de especialistas do Termigal e ofrece a denominación normalizada e oficial dos elementos químicos en galego. Sae á luz coincidindo co Ano Internacional do Sistema Periódico

A RAG participa no acordo que impulsará unha rede europea de academias de linguas minorizadas

18/01/19 |
As tres academias das linguas cooficiais do Estado e as institucións centradas no frisón, o occitano e o multilingüismo do Tirol do Sur presentaron o protocolo que pretende sumar socios e articular accións conxuntas a prol da diversidade lingüística europea

Xohana Torres, filla predilecta do Concello de Santiago

17/01/19 |
A académica, falecida en 2017, foi condecorada a título póstumo na cidade onde naceu xunto a Begoña Caamaño, Federico García Lorca, Ánxel Casal, Bibiano Morón e Benedicto García. A Casa das Mulleres de Compostela leva o nome de Xohana Torres desde a súa apertura

O uso do Dicionario segue a medrar e pecha 2018 con preto de 21,9 millóns de consultas

16/01/19 |
No ano que rematou incorporáronse 429 novas palabras, desde ‘arrombacoches’ e ‘cadeiriña de paseo’ a ‘fochiña’, e termos das tecnoloxías da comunicación e das matemáticas. Outras 3.350 entradas foron revisadas

21 días co galego medra e chega a 1.300 estudantes de catro institutos

15/01/19 |
O proxecto posto en marcha no IES da Pobra do Caramiñal esténdese a catro institutos de Santiago, Tomiño, Ourense e Monforte de Lemos co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A RAG participou na presentación en Compostela

O Ano Antonio Fraguas bota a andar oficialmente na súa casa natal

14/01/19 |
As terras de Cotobade foron o escenario da apertura simbólica do ano dedicado a un intelectual que empregou toda a súa vida a "estudar as raíces que nos explican a todos nós"

Carballo celebra a Alfredo Brañas no 160 aniversario do seu nacemento

14/01/19 |
O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e o académico Xosé Ramón Barreiro participaron na xornada organizada na honra do escritor e pai do rexionalismo galego

A RAG e a Academia Brasileira de Letras asinan un acordo de amizade e colaboración

10/01/19 |
O documento rubricado na Coruña polos presidentes de ambas as institucións contempla a promoción do intercambio cultural e académico e abre as portas a proxectos compartidos

Empeza o Ano Antonio Fraguas

7/01/19 |
A RAG o espazo biográfico dedicado ao protagonista do Día das Letras Galegas 2019, asinado polo académico correspondente Clodio González. O pleno extraordinario do 17 de maio celebrarase en Cotobade, a localidade natal do homenaxeado

"Deseucaliptización", elixida Palabra do Ano 2018

27/12/18 |
O neoloxismo, que reflicte a crecente preocupación social por un aspecto destacado da xestión do monte galego, impúxose ás outras cinco finalistas co 55% dos votos. "Feminismo" e "sororidade" foron os seguintes termos máis votados nun ano marcado polas reivindicacións de igualdade entre mulleres e homes
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete