Bernardino Graña publica un novo libro con tres pezas de teatro infantil

30/09/19 |
'Lobísimo do saco. Tres titiritadas' recupera dúas obras xunto a outra inédita. O académico participou na presentación do libro en Vigo cadrando co seu 87 aniversario

Cen anos do primeiro manual escolar de literatura galega

27/09/19 |
O libro de texto de Alfredo de la Iglesia, redactado no curso 1919-1920, non chegou a imprimirse, pero serviulle de guía nunhas clases pioneiras que deu, no Instituto de Pontevedra, fóra do programa oficial e en plena ditadura de Primo de Rivera. Xesús Alonso Montero recupera a súa historia na colección Letras da Academia

Manuel González aborda o papel das TIC no Dicionario da RAG

26/09/19 |
O director do Dicionario participou no simposio de Euskaltzaindia dedicado ao contorno dixital, a estandarización das linguas e o éuscaro

Ramón Lorenzo presenta unha obra esencial para coñecer o galego medieval

26/09/19 |
O Consello da Cultura Galega edita a colección de documentos do mosteiro de Montederramo logo de tres décadas dun intenso traballo de compilación co académico á fronte

Xesús Alonso Montero recupera o primeiro manual de literatura galega para alumnos de instituto

23/09/19 |
O académico presentará este xoves, 26 de setembro, en Pontevedra a obra que descobre e ofrece en edición semifacsimilar o manuscrito do catedrático Alfredo de la Iglesia conservado no arquivo da Real Academia Galega

O alumnado do instituto Santiago Apóstolo de Buenos Aires visita a Academia

23/09/19 |
Os estudantes foron recibidos na sede da rúa Tabernas polo presidente Víctor F. Freixanes e coñeceron como funciona a biblioteca e mais o arquivo

Tres colexios de Cangas, Val do Dubra e Camariñas gañan Contádenos o voso Día das Letras

10/09/19 |
Máis de 80 centros de ensino de toda Galicia participaron no concurso da Real Academia Galega centrado en Antonio Fraguas. O alumnado dos colexios premiados profundaron no seu legado mediante a regueifa, o teatro e a investigación etnográfica

O presidente da RAG entrevístase coa alcaldesa da Coruña

5/09/19 |
Víctor F. Freixanes e Inés Rey volverán reunirse na rúa Tabernas para abordar posibles novas colaboracións. "Necesitamos comprometer as cidades de Galicia no uso do idioma entre a xente nova e para nós é moi importante contar coa Coruña", expresou o responsable da Academia

A IV Xornada de Onomástica Galega estará dedicada aos nomes das rúas

26/07/19 |
O programa desenvolverase o 19 de outubro no Museo de Pontevedra. Catorce especialistas profundarán na conformación dos nomes de rúas nos centros urbanos de Galicia e analizarán o compoñente social, histórico e político que subxace neles

Takekazu Asaka recibe o Premio Ramón Cabanillas

26/07/19 |
O académico correspondente recollerá o galardón o sábado 27 de xullo en Cambados e hoxe presentará a tradución ao xaponés de 'A rosa de cen follas'. O profesor dedica un artigo en xaponés ás formas de cortesía en galego ilustrado con exemplos da novela 'Costa do Solpor' de Xosé María Lema
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete