A Academia congratúlase pola decisión do Concello de Ribeira de asumir o topónimo lexítimo

4/03/20 |
A corporación municipal asume por unanimidade a forma orixinal, con be, documentada dende o século XIV, tras un informe emitido pola RAG a pedimento da alcaldía

"Os temas que presentan as estampas de 'Nós' son galegos, pero a lección que predican é universal"

3/03/20 |
O historiador Miguel Anxo Seixas presentou na Real Academia Galega a súa biografía de Castelao xusto cen anos despois da inauguración da primeira mostra duns debuxos cheos de crítica social e talento creativo

A Casa grande de Arcadio López-Casanova

2/03/20 |
O académico de honra salda unha débeda consigo mesmo e os seus seres queridos no seu último poemario, marcado pola vivencia do tempo demoucador

Miguel Anxo Seixas Seoane presenta na Academia a súa biografía de Castelao

27/02/20 |
O historiador falará o luns 2 de marzo da obra baseada na súa tese de doutoramento, a achega máis completa sobre a figura do intelectual de Rianxo

Que buscamos no Dicionario?

27/02/20 |
O novo número de Cadernos de Lingua analiza que é o que máis inflúe no número de procuras no Dicionario da Real Academia Galega. O estudo conclúe que os principais factores externos son a circulación dunha palabra nos medios de comunicación e no mundo escolar

Discursos da RAG para Rosalía

23/02/20 |
A historia do rosalianismo inclúe distintos discursos de ingreso na Real Academia Galega, entre eles o de Ricardo Carballo Calero. Velaquí unha recompilación co gallo do aniversario da escritora

A rede cidadá de colaboradores de Galicia Nomeada recupera 4.000 microtopónimos en dous meses

19/02/20 |
A aplicación posta en marcha en decembro recibiu máis de 600 solicitudes para participar na recollida da toponimia tradicional. A Academia xa validou uns 9.000 microtopónimos dos 10.273 enviados dende a fase de probas

Unha ampla programación recordará a Ricardo Carvalho Calero co gallo do Día das Letras Galegas

17/02/20 |
A RAG celebrará o 17 de maio en Ferrol e tras o verán organizará un simposio académico dedicado ao autor. Exposición, concursos e edicións especiais son parte das propostas de distintas entidades para homenaxear a Carvalho Calero

A Primavera das Letras de Ricardo Carballo Calero comeza no CEIP Cruceiro de Canido

11/02/20 |
A Academia presentou no colexio ferrolán a nova edición do proxecto web para nenos e nenas de infantil e primaria. O alumnado foi o protagonista cunha representación sobre a vida e a obra do autor

O Dicionario pechou 2019 cunha media de máis de 70.000 buscas diarias

6/02/20 |
As procuras medraron un 18,3 % con respecto ao ano anterior e achegáronse aos 26 millóns. O Seminario de Lexicografía incorporou 201 entradas novas e ampliou e mellorou máis de 800
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete