Regueifas, teatro e coplas populares para homenaxear a Antonio Fraguas na entrega dos premios de Primavera das Letras

15/10/19 |
O alumnado dos colexios de Bembibre (Val do Dubra), A Ponte do Porto (Camariñas) e San Roque de Darbo (Cangas) recolleu os galardóns esta mañá na sede da Real Academia Galega e puxo en escena unha pequena mostra de como celebrou o Día das Letras Galegas 2019

A Academia ofrece na Rede duascentas publicacións propias desde o ano 1906

14/10/19 |
Un novo espazo web permite consultar todo o catálogo de monografías, composto por máis de 350 títulos, e descargar gratuitamente máis da metade

Un grupo de docentes inspírase na Palabra do Día do Portal das Palabras para debuxar o Outubro de Tinta

11/10/19 |
O colectivo Galiza Visual traballa co pensamento visual nas aulas e anima a todo o público a lles poñer imaxes aos termos destacados este mes na web da RAG e a Barrié para a divulgación do léxico

A RAG na clausura do centenario de Euskaltzaindia

7/10/19 |
A Real Academia Galega estivo presente esta fin de semana en Gipuzkoa no peche do programa de celebracións organizado co gallo dos cen anos da Real Academia da Lingua Vasca. Distintos membros da RAG participaron nos congresos que tiveron lugar no último ano neste marco

A Xornada de Onomástica Galega afondará na historia colectiva dos nomes das rúas

2/10/19 |
O Museo de Pontevedra acolleu a presentación do encontro que terá lugar o sábado 19 de outubro no Edificio Sexto. Catorce especialistas profundarán no compoñente social, histórico e político das denominacións das vías urbanas. A entrada é libre

Xuntanza entre o presidente da Academia e o responsable da Deputación de Ourense

2/10/19 |
Víctor F. Freixanes foi recibido por Manuel Baltar no pazo provincial. O presidente da Deputación de Ourense manifestou a vontade de renovar o apoio á RAG

"Os nomes das vías urbanas deben rescatar a microtoponimia xa existente no lugar"

30/09/19 |
A IV Xornada de Onomástica Galega estará dedicada aos nomes das rúas. Ana Boullón, coorganizadora do encontro que terá lugar o 19 de outubro no Museo de Pontevedra, salienta a importancia de manter a través deles as denominacións tradicionais fronte ás opcións conmemorativas

Bernardino Graña publica un novo libro con tres pezas de teatro infantil

30/09/19 |
'Lobísimo do saco. Tres titiritadas' recupera dúas obras xunto a outra inédita. O académico participou na presentación do libro en Vigo cadrando co seu 87 aniversario

Pontevedra acolle a presentación do libro que rescata o manual de literatura galega de Alfredo de la Iglesia no seu centenario

27/09/19 |
O libro de texto de don Alfredo, redactado no curso 1919-1920, non chegou a imprimirse, pero serviulle de guía nunhas clases pioneiras que deu, no Instituto de Pontevedra, fóra do programa oficial e en plena ditadura de Primo de Rivera. Xesús Alonso Montero recupera a súa historia na colección Letras da Academia

Manuel González aborda o papel das TIC no Dicionario da RAG

26/09/19 |
O director do Dicionario participou no simposio de Euskaltzaindia dedicado ao contorno dixital, a estandarización das linguas e o éuscaro
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete