A Academia non celebrará este sábado o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas

30/10/20 |
A institución adía o acto tras o anuncio de novas medidas ante o agravamento da pandemia en Galicia

O Simposio das Letras Galegas conclúe cunha análise da evolución das achegas lingüísticas de Carvalho Calero

29/10/20 |
Henrique Monteagudo, Serafín Alonso e Eduardo Maragoto abordaron as distintas etapas do autor no proceso de formación do galego escrito moderno

A Real Academia Galega traslada a celebración do pleno do Día das Letras Galegas á súa sede da Coruña

28/10/20 |
A institución tiña previsto celebrar a sesión extraordinaria dedicada a Ricardo Carvalho Calero en Ferrol, a súa localidade natal, cadrando co 110 aniversario do seu nacemento. A sesión desenvolverase na rúa Tabernas 11 por mor da situación sanitaria

Os nomes das marcas comerciais centran a V Xornada de Onomástica Galega

27/10/20 |
O encontro xunta o 7 de novembro no Museo de Pontevedra voces da filoloxía, da dinamización lingüística e do mundo empresarial e da creación de marcas. O prazo de inscrición para a participación presencial ou telemática mantense aberto ata o 1 de novembro

'Don Ricardo de Fingoi', os quince anos de Carballo Calero en Lugo

26/10/20 |
Un libro xunta máis dunha trintena de testemuños de antigos alumnos e alumnas da etapa lucense do protagonista do Día das Letras Galegas. O volume, promovido polo colectivo Egeria, completa a exposición do mesmo nome e unha web que recorda aqueles anos

A Academia celebra en Ferrol o Día das Letras Galegas

23/10/20 |
O pleno extraordinario adiado por mor do estado de alarma terá lugar o 31 de outubro na cidade natal do autor cadrando co 110 aniversario do seu nacemento. Intervirán os académicos Xesús Alonso Montero, Ramón Villares, Francisco Fernández Rei e Margarita Ledo

Da poesía como catarse á interacción entre ficción e memoria

22/10/20 |
O simposio das Letras Galegas continúa con tres olladas á poesía, á narrativa e ao teatro de Carvalho Calero da man de Pilar Pallarés, Henrique Rabuñal e Laura Tato Fontaíña

Carvalho Calero, o primeiro grande investigador de Rosalía de Castro

15/10/20 |
Pilar García Negro, Dolores Vilavedra, Alberte Valverde e Marilar Aleixandre profundaron nos estudos sobre literatura do autor na segunda xornada do simposio das Letras Galegas

Música para o poema "Ferrol 1916" e unha nova ollada á 'Farsa das zocas'

15/10/20 |
O teatro Jofre acolleu este mércores a presentación da edición especial dunha das súas obras teatrais de Carballo Calero e da composición de musical de Miguel Brotóns realizada a partir do poema do autor das Letras Galegas 2020 sobre a súa cidade natal

Carvalho Calero no seu tempo: do líder xuvenil republicano ao activismo cultural

8/10/20 |
O Simposio Ricardo Carballo / Carvalho Calero comeza cun percorrido polos distintos momentos da biografía dunha figura que cobre a historia da Galicia do século XX
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 7 de novembro de 2020 / 9:45 h
V Xornada de Onomástica Galega: Os nomes comerciais - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete