'Queixa', de María Manuela Couto Viana

A poeta portuguesa de ascendencia galega, María Manuela Couto Viana (Viana do Castelo, 1919-Lisboa, 1983), empregou o galego unicamente na escrita do libro Frauta lonxana.
Linóleo de Juan Soutullo
Linóleo de Juan Soutullo que precede o poema


O poemario, dun marcado lirismo saudoso na súa expresión, foi editado en 1964 na colección "Salnés", de Galaxia, que dirixían entón Celso Emilio Ferreiro, Emilio Álvarez Blázquez e Salvador Lorenzana (Francisco Fernández del Riego).

QUEIXA

Xá ven caíndo a noite
(Mais fora o sol ardente)
Teño os meus verdes ollos
Ensombrados de negro.

Amigo! Amigo!
Pelegrina de amor soia me vexo.

Amigo! Amigo!
A soedade fai mêdo.

Ó rededor de min nin pío de páxaro.
Nin brillo de agua no deserto seco.
Nin una pedra onde pousala frente.
As mans sin forzas para unha cova fresca.

Amigo! Amigo!
Onde mtala sêde?

Amigo! Amigo!
Na fonte dos teus beizos.

Mais ti és lonxe si non és miraxe
I eu vou correndo tras do teu reflexo.
De cántas mortes morrerei, Amigo?
De cántas mortes máis para seguir vivendo?

Amigo! Amigo!
Onde atopar descanso?

Amigo! Amigo!
Quizais… atopareino?

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán 2019


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar