Académicos e académicas

Manuel Caamaño Suárez

Manuel Caamaño Suárez

02/01/1936
Data de ingreso
18/02/2004

 

Currículum
Arquitécto Técnico pola Universidade Politécnica de Barcelona. Arquitecto Técnico. Profesor da Escola Universitaria de arquitectura Técnica, na Coruña (1976-2000) 
Secretario da xunta reitora do Museo do Pobo Galego e do seu padroado.
Representante do Colexio de Arquitectos no Padroado do Museo do Pobo Galego.
Membro da Fundación Pedrón de Ouro e do Consello Social da Universidade de Galicia, designado polo Parlamento de Galicia.
Premio Antón Losada Diéguez 2004 pola obra As construccións da arquitectura popular. Patrimonio etnográfico de Galicia. (Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, Santiago, 2003)
Premio da Crítica-Galicia (2004).
Pendello de Honra 2005 concedido pola Asociación Amigos dos Pendellos.
Experto en arquitectura popular galega.
Súmase no 1964  ao grupo fundacional do  Partido Socialista Galego(PSG). 
 
Actividade Cultural e Asociativa.
Vicesecretario do Centro Galego de Barcelona onde  en colaboración con Manuel Casado Nieto propiciou a súa galeguización.
Formou parte do grupo folclorico "Lonxe da Terra",e foi  membro fundador "Mocedade Galega de Barcelona" .
Presidiu a Agrupación Cultural "O Facho".
Vicepresidente da Coral Polifónica "Follas Novas".
Colaborador de "Vagalume",membro fundador de ADEGA, TEIMA….  
 
Publicacións:
Pro e contra da liturxia en Galego. Historia dunha polémica (SEPT, Santiago de Compostela, 1980), realizado conxuntamente con X.M. Rodriguez Pampín.
Sobre Galicia como responsabilidade (Edicións do Castro, Sada, 1988)
A casa-vivenda no volume I de Antrapoloxía Cultural, t.XXII  do proxecto Galicia de Hercules de Ediciones (A Coruña)  1997.
A Casa popular, Cadernos do Museo do Pobo Galego, núm. 8, Santiago de Compostela,1999. Reeditado no 2002.
As construccións adxetivas, Cadernos do Museo do Pobo Galego, núm. 8, Santiago de Compostela 1999. Reeditado no 2002.
As construccións da arquitectura popular. Patrimonio etnográfico de Galicia(Consello Galego de Colexios de Aparelledores e arquitectos Técnicos, Santiago de Compostela 2003).