Entrega dos I Premios Morales para a promoción da lingua galega no Bierzo

A Real Academia Galega participou o pasado sábado na entrega dos I Premios Morales para a promoción da lingua galega no Bierzo. A iniciativa recoñeceu os debuxos realizados por alumnado de infantil e textos literarios de mozos e mozas e adultos, todos eles inspirados no poema "Os magostos". Esta composición de Antonio Fernández Morales forma parte de Ensaios poéticos en dialecto berciano (1861), unha das primeiras obras do Rexurdimento. O académico correspondente Héctor Silveiro representou a institución na celebración que tivo lugar nas Médulas, no Concello de Carucedo.

Alumnado de infantil e primaria cos representantes das entidades organizadoras do premio


A RAG é unha das entidades promotoras destes premios xunto ao Grupo As Médulas para a lingua e a cultura galegas no Bierzo, o Instituto de Estudios Bercianos, Edicións Positivas, a Xunta de Galicia, a Junta de Castilla y León e o Consejo Comarcal del Bierzo. A convocatoria constou de tres modalidades. Unha premiou os debuxos realizados por alumnado de infantil e primaria adscrito ao programa para a promoción do galego no Bierzo, outra dirixiuse ao alumnado de ESO e bacharelato que tamén estuda galego neste territorio e a terceira abriuse ao alumnado de galego e portugués da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada e a calquera persoa berciana maior de 18 anos.

A entrega dos galardóns desenvolveuse nun ambiente festivo que continuou con contos de medo a cargo de Paula Carballeira e un magosto popular. O xurado valorou a orixinalidade, a creatividade, a calidade estética e artística dos traballos premiados e, no caso dos textos literarios, a calidade lingüística. Os debuxos e textos gañadores foron recollidos nunha publicación presentada durante o acto.


Os premiados na modalidade dirixida a alumnado de ESO e bacharelato

 


Os premiados na modalidade dirixida a alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada e maiores de 18 anos con representantes das institucións organizadoras

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán 2020


Toda a información
nesta páxina

 

Cuberta do Boletín 379

Boletín da Real Academia Galega
nº 379

 

Cadernos de Lingua
nº 37

 

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego
(23ª ed.)

 

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

 

Hemeroteca Virtual
Galicia nas páxinas dos seus xornais.