A Real Academia Galega será unha das 93 entidades pioneiras no emprego do dominio .gal que, a partir do 25 de xullo, identificará na Rede aquelas páxinas que pretendan facer pública a súa procedencia e identidade galegas.
O novo enderezo virtual da Academia, academia.gal, amosa o compromiso desta institución na defensa e promoción do idioma galego tamén no eido das novas tecnoloxías da información e a comunicación, dando cumprimento ás funcións que ten atribuídas nos seus Estatutos.