O Día das Letras Galegas de 2016 estará dedicado a Manuel María

A Real Academia Galega, reunida hoxe en Sesión Plenaria, acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2016 a Manuel María.

Visita dos alumnos e alumnas dos Cursos de lingua e cultura galegas á Real Academia Galega.

Un grupo de 60 estudantes dos Cursos de lingua e cultura galegas visitaron hoxe a sede da Real Academia Galega, onde asistiron a unha conferencia de Xesús Alonso Montero sobre a historia da institución.

Inauguración da XXVIII edición dos Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”

A XXVIII Edición dos Cursos de lingua e culturas galegas “Galego sen fronteiras” acolle alumnado procedente de dezaseis países que, desde o 2 de xullo e ata o día 24, recibirá formación teórica e práctica e desenvolverá un intenso programa de actividades complementarias.

Praza de comunicación: relación de persoas seleccionadas para a entrevista

Listaxe definitiva de candidatos/as seleccionados/as para realizaren a entrevista para a praza de comunicación.

Praza de comunicación: listaxe de solicitudes recibidas

O vindeiro día 1 de xullo ás 14:30 horas (aprox.) publicarase na web da Academia a listaxe de solicitantes seleccionados para a entrevista persoal, ao tempo que se indicará o día e hora de celebración desta.

O Alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, visita a Academia

Xulio Ferreiro, acompañado do Tenente Alcalde e responsable da área de Cultura, José Manuel Sande, realizou no día de hoxe unha visita institucional á Real Academia Galega, onde foi recibido polo Presidente da Institución e os membros da Comisión Executiva, Henrique Monteagudo, Rosario Álvarez e Margarita Ledo.

Convocado o Pleno da Real Academia Galega que decidirá sobre as Letras Galegas 2016

O vindeiro 4 de xullo reunirase o pleno da Real Academia Galega que decidirá sobre a figura dedicataria do Día das Letras correspondente ao ano 2016.

Convocatoria dunha praza de comunicación

A Real Academia Galega convoca un concurso aberto para cubrir unha praza de comunicación. As persoas interesadas poderán presentar a solicitude na sede da institución a partir do luns 15 e ata o xoves 25 de xuño de 2015.

'Tiven medo de bogar', de María Mariño

En 1963, a editorial luguesa Celta inauguraba a súa colección “Tesos cumes” cun libro prologado por Otero Pedrayo que resultaría clave na renovación da linguaxe poética galega: Palabra no tempo

Día Internacional dos Arquivos 2015

O vindeiro día 9 de xuño conmemórase a creación do Consello Internacional de Arquivos (ICA) pola UNESCO en 1948. Un ano máis, a Real Academia Galega súmase á celebración desta efeméride.
Axenda de actos Ver todos
Sábado 4 de xullo de 2015 / 13:30 h
Rolda de prensa. Día das Letras Galegas 2016.

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

PDF [0,5 Mb]
 

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar
 

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 373, dedicado a Valentín Paz Andrade

Boletín da Real Academia Galega nº 373

PDF [3,5 Mb]

Cadernos de Lingua nº 35

PDF [8,5 Mb]