A académica Margarita Ledo Andión é a protagonista da nova edición do ciclo De pioneiras e andainas que organiza o Centro de Documentación en Igualdade e Feminimos do Consello da Cultura Galega. O encontro, aberto a todo o público, terá lugar o venres 29 de outubro na sede do CCG (Pazo de Raxoi, Santiago de Compostela) e inclúe unha conversa da catedrática emérita de Comunicación Audiovisual coa xornalista Marta Mato. A inscrición previa pode realizarse nesta ligazón.
O programa percorrerá as múltiples facetas de Margarita Ledo, dende a de xornalista pioneira, directora d'A Nosa Terra e primeira decana da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, á de cineasta e poeta.




