LG_2021

Emma Pedreira dialoga coa palabra de Xela Arias nun libro ilustrado por Laura Romero

A poeta e narradora Emma Pedreira (A Coruña, 1978) e a artista Laura Romero (Alacant, 1991) conversan a tres banda coa autora á que a Real Academia Galega dedica as Letras Galegas 2021 en Xela Arias. Palabra á intemperie, un libro “diferente e un pouco punk”, destaca a editorial que o publica, Baía Edicións. 

“Non quero facer unha biografía ao uso. Quero falar dunha poeta, que podería ser outra, que podería ser ata eu mesma e non, é Xela e eu con Xela ou Xela en min e, por aí, debullando o íntimo dos seus versos nos meus”, explica Emma Pedreira. Os textos de Emma Pedreira e as colaxes e ilustracións de Laura Romero achega na parte gráfica dialogan con fragmentos de poemas e outros testemuños de Xela Arias, destacados en cor violeta para facilitar a interpretación e a lectura. 

O volume remata cunha pequena cronoloxía da vida de Xela Arias e unha “playlist en construción” que remite a ligazóns con interpretacións da obra da autora de distintas voces.

Entrevista a Emma Pedreira e Laura Romero no "Zigzag Diario" da TVG.