A Real Academia Galega convoca un concurso aberto para cubrir unha praza de comunicación. As persoas interesadas poderán presentar a solicitude na sede da institución a partir do luns 15 e ata o xoves 25 de xuño de 2015, segundo as indicacións que figuran a seguir.
Unha vez remate o prazo de presentación de solicitudes, aprobarase a lista provisional de admitidos e excluídos, que será publicada na páxina web academia.gal
Requisitos
a) Licenciatura ou Grao en Xornalismo e/ou Comunicación Audiovisual
b) Competencia demostrable en lingua galega oral e escrita
Méritos
a) Formación e experiencia en xornalismo web
b) Formación e experiencia en gabinetes e en comunicación corporativa
c) Formación e experiencia en xestión de redes sociais
d) Formación e experiencia en xestión cultural
e) Experiencia en medios escritos e audiovisuais
f) Coñecementos de edición
g) Utilización e calidade da lingua galega
h) Coñecemento doutras linguas
Condicións
Xornada completa. Contrato ata 31 de decembro (prorrogable).
Remuneración
1.250 €/mes
Funcións
a) Xestión do espazo web da RAG: elaboración e revisión de contidos para a web (produción, elaboración, redacción…)
b) Xestión da comunicación pública da RAG e das relacións cos medios de comunicación (elaboración e difusión de novas, convocatoria de roldas de prensa, entrevistas…)
c) Xestión do gabinete de comunicación da RAG
d) Difusión das actividades da RAG a través dos medios de comunicación e das redes sociais
e) Coordinación, elaboración e edición de contidos audiovisuais (web)
f) Coordinación, elaboración e edición de contidos dixitais (web)
g) Dinamización da presenza da RAG nas redes sociais
h) Colaboración na organización e cobertura de actos públicos da RAG
i) Apoio á organización de actividades da RAG
Instrucións para a entrega de documentación
Deberase presentar en papel, na sede da RAG (Tabernas, 11- 15001 A Coruña), mediante entrega persoal ou envío por correo certificado. Data límite: 25 de xuño.
A documentación acreditativa dos méritos, acompañarase dun resumo (máximo 1 folio) no que se fará constar:
a) os datos de identidade e contacto por esta orde: nome e apelidos, DNI, data de nacemento, lugar de nacemento, número de teléfono, correo electrónico, enderezo postal.
b) relación de título(s) académico(s)
c) relación de méritos alegados
O 29 de xuño farase pública na páxina web da Academia a listaxe de persoas admitidas e excluídas.
Dependencia orgánica
Localización na área de dirección e xestión da RAG
Dependencia directa do Presidente, o Secretario e a Executiva da RAG
Descarga aquí as indicacións da convocatoria
A Coruña, 12 de xuño de 2015