-
A Lingua
Real Academia Galega
- A institución
- Letras galegas
-
Comunicación
-
Dicionarios
Fotogalería Adalid
No ano 2024, a Real Academia Galega puxo en marcha unha páxina web dedicada ao pianista e compositor galego Marcial del Adalid (A Coruña, 1826 - Oleiros, 1881), co obxectivo de dar a coñecer a súa vida e obra a mais o legado que a institución custodia.
A iniciativa acompañouse da publicación do libro Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega (2023), obra da musicóloga e investigadora Laura Touriñán Morandeira.
A valiosísima biblioteca musical que a RAG conserva –inclúe a práctica totalidade da obra musical coñecida do autor, tanto manuscrita como impresa, ademais de partituras doutros compositores– é froito da doazón feita á Academia en 1928 por María del Adalid, filla do compositor, e da súa dona, a escritora e académica correspondente Fanny Garrido.
A dixitalización das partituras permitiu un acceso máis doado e aberto á obra do autor, que abrangue diferentes xéneros, facilitando así que músicos, investigadores e público xeral poidan consultalos de xeito directo.
A web inclúe tamén unha sección dedicada á biblioteca musical da familia Adalid, que reúne partituras de arredor de trescentos cincuenta compositores europeos, desde o século XVI ata a primeira metade do XX.


