Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
pésubstantivo masculino O pé dunha estatua. SINÓNIMO pedestal Descansamos ao chegar ao pé. SINÓNIMOS aba, faldra, CONFRÓNTESE ladeira Cortar unha árbore polo pé. SINÓNIMO couce Unha cabaceira de sete pés. SINÓNIMO cepa Que pé gastas? SINÓNIMO número Asinou no pé da carta. SINÓNIMO rodapé A catro pés locución adverbialGateando O cativo cruzou o cuarto a catro pés. Ao pé da letraLiteralmente Seguiu as indicacións ao pé da letra. A pé locución adverbialAndando Vai a pé ao traballo. Bater cos pés no cu Correr moito. O ladrón batía cos pés no cu escapando da policía. SINÓNIMO dar cos pés no cu Buscarlle os tres pés ao gato Buscar complicacións innecesarias. Sempre lle está a buscar os tres pés ao gato. SINÓNIMO buscarlle os cinco pés ao gato Caer a alma aos pés VÉXASE alma Con bo pé Felizmente, con boa sorte. Comezou o traballo con bo pé. SINÓNIMO co pé dereito Con mal pé Infelizmente, con mala sorte. Empezou a carreira con mal pé, pero ao final conseguiu bos resultados. SINÓNIMO co pé esquerdo Con pés de chumbo VÉXASE chumbo1 Da cabeza aos pés VÉXASE cabeza Dar cos pés no cu Correr moito. Tiña tanto medo de que o pillase o touro que daba cos pés no cu. SINÓNIMO bater cos pés no cu De pé locución adverbial 1 En posición vertical ou erguida apoiándose nos pés. Púxose de pé cando entrou o seu xefe. SINÓNIMO en pé 2 Que xa se levanta e anda despois de estar enfermo. Que como lle vai a Manolo? Moi ben, xa está de pé. SINÓNIMO en pé 3 Levantado da cama. Ás cinco da mañá xa está de pé. SINÓNIMO en pé Dos pés á cabeza Totalmente, completamente. Chegou á casa enchoupado dos pés á cabeza. SINÓNIMOS da cabeza aos pés, do fondo á cima Lamber os pés coloquial Loar excesivamente a alguén e andar sempre detrás del para conseguir algún beneficio. Por moito que lle lambas os pés non vas conseguir nada. SINÓNIMO lamber o cu Pé cervún (Phyllitis scolopendrium) Fieito da familia das polipodiáceas, vivaz, con frondes simples, enteiras e lanceoladas e pecíolo curto. As follas do pé cervún estaban cheas de esporas. SINÓNIMOS cerviña, cervúa, herba cervúa, lingua cerviña Pé de galiñaFumaria O pé de galiña ten propiedades depurativas. Pé de paxaro (Polygonum aviculare) Planta herbácea da familia das poligonáceas de ata setenta centímetros de altura, follas alternas e flores rosadas ou abrancazadas. O pé de paxaro florece xeralmente de marzo a outubro. SINÓNIMOS cordela, saíncho, sanguinaria Pé dereito Cada unha das pezas verticais que postas aos lados dunha porta ou ventá sosteñen o lintel. Os pés dereitos desta porta son pedras dunha soa peza. SINÓNIMOS agulla, macheta, tranqueiro, ucheira, xamba Pé dormente VÉXASE dormente Ter ás nos pés VÉXASE á1 Ter (poñer) os pés na terra Ser (volverse) realista. Se non queres levar unha desilusión, é mellor que teñas os pés na terra. SINÓNIMO ter (poñer) os pés no chan
Palabras relacionadas: peaña, saia, patada, cepeira, cepo, cotaño, coto, cotón, coza, cozo, toco, zocha, canoto, canouco, cañoto, trocho, babor, couso, cifra, díxito, Cantidade, numerario, proporción áurea, crebado, número quebrado, número racional, quebrado, número fraccionario, zócolo, ad lítteram, ad pédem lítterae, textualmente, espírito, Persoa, coma ánima en pena, Presentir, figo, figueira, chumbada, Verticalmente, cacha, cachamúa, cacho, cachola, caco, calamoucha, chola, coca, crisma, croca, testa, Mente, caletre, Intelixencia, res, líder, xefe, bico, cima, dental, dente, enrelladoira, rastro, rostro, punta, Avergonzarse, allo, dos pés á cabeza, Marearse, pano, cu, cerviño, cervún, herba, lingua, herba dona, pé de galiña, Cordella, ballo, entretiño, redeño, cofia, touca, pé de paxaro, Saíncho, pé dereito, arume, bruma, cisco, frouma, garfa, lesta, padumeiro, pica, pilro, piñuca, pulazo, rama, grilo, ovo, frecha, cobra do mar, gancho, Compás, tranca, Tranco, anteira, pé dormente, ala, flanco, ao, á, chan Engadíronse as expresións: a pé feito, de pé feito
Palabras relacionadas: peaña, saia, patada, cepeira, cepo, cotaño, coto, cotón, coza, cozo, toco, zocha, canoto, canouco, cañoto, trocho, babor, couso, cifra, díxito, Cantidade, numerario, proporción áurea, crebado, número quebrado, número racional, quebrado, número fraccionario, zócolo, ad lítteram, ad pédem lítterae, textualmente, espírito, Persoa, coma ánima en pena, Presentir, figo, figueira, chumbada, Verticalmente, cacha, cachamúa, cacho, cachola, caco, calamoucha, chola, coca, crisma, croca, testa, Mente, caletre, Intelixencia, res, líder, xefe, bico, cima, dental, dente, enrelladoira, rastro, rostro, punta, Avergonzarse, allo, dos pés á cabeza, Marearse, pano, cu, cerviño, cervún, herba, lingua, herba dona, pé de galiña, Cordella, ballo, entretiño, redeño, cofia, touca, pé de paxaro, Saíncho, pé dereito, arume, bruma, cisco, frouma, garfa, lesta, padumeiro, pica, pilro, piñuca, pulazo, rama, grilo, ovo, frecha, cobra do mar, gancho, Compás, tranca, Tranco, anteira, pé dormente, ala, flanco, ao, á, chan Engadíronse as expresións: a pé feito, de pé feito
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: