Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
pesar1 verbo transitivo1 Ter [o peso que se expresa]. Este xamón pesa sete quilos.2 Determinar o peso de [algo ou alguén] nunha báscula, balanza etc. Hai que pesar o saco de patacas. Pesa o neno na báscula. Tamén verbo pronominal [ persoa ] Luísa pésase todos os días.3 figurado Analizar ou considerar atentamente [algo] para avaliar a súa importancia, as súas consecuencias etc. Pesou todas as ofertas antes de decidir. verbo intransitivo4 [Algo] ter pouco ou moito peso. A maleta non pesa, ben a levas ti. Como pesas!, baixa, que non podo contigo.5 [Cousa] facer sentir o seu peso en alguén. Tirou cos vultos porque lle pesaban.6 figurado [Algo] exercer unha influencia negativa en algo ou alguén. As últimas derrotas pesan moito na moral do equipo.7 figurado Ser importante, ter influencia, poder etc. nun medio determinado ou ante certa circunstancia. Seu pai pesa moito nos círculos financeiros. Os últimos acontecementos pesaron bastante á hora de tomar unha determinación.8 [Cousa] ser motivo de pesar, dor, remorso, contrariedade, desagrado etc. Despois moito lle pesou vender o piso. Pésalle non poder acompañalo neste transo. O que fixeches pesará sempre na túa conciencia.9 figurado Constituír un motivo de fonda preocupación ou ser unha posible fonte de graves prexuízos para alguén no futuro. Pesaba sobre el unha seria ameaza de despedimento. Foi absolto de todos os cargos que pesaban sobre el.10 figurado [Algo] ser responsabilidade de alguén. Pesa sobre el a xestión de todos os negocios familiares. FRASES E EXPRESIÓNS CON pesar Pese a locución preposicional A pesar de. Pese aos seus esforzos non o logrou. Pese a que locución conxuntiva A pesar de que. Admitírono pese a que non reunía os requisitos. /pc/verbos/pesar.html
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)