Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
quitar Para todas as acepcións SINÓNIMO sacar verbo transitivo1 Facer que [algo ou alguén] deixe de estar co que estaba ou con quen estaba, sobre o que estaba etc. Quita as bonecas de enriba da cama. SINÓNIMOS retirar, tirar CONFRÓNTESE apartar Quitouno das malas compañías. SINÓNIMOS afastar, apartar, arredar, tirar Quitar os zapatos. Quitar o xersei. SINÓNIMO tirar ANTÓNIMO poñer Quitou os cartos do peto.2 Separar ou extraer [unha cousa] daqueloutra da que forma parte. Quitan aceite das olivas. SINÓNIMOS obter, tirar Quitar a monda á laranxa. Quitar unha moa. Quitou varias citas da Biblia.3 Levar [algo ou alguén] para fóra dun lugar pechado. Quitar o can de paseo. Non hai quen o quite da casa.4 Deixar a alguén sen [certa cousa ou persoa] contra a súa vontade, facer que alguén deixe de ter [algo]. Cando ía cruzar quitáronlle o bolso. SINÓNIMOS roubar, tirar Pediu a separación e quitáronlle a custodia do neno. Non lle quites a ilusión de facer a viaxe. Quitoulle todo canto tiña. Quitáronlle o carné de conducir.5 Facer que [unha cousa] desapareza ou deixe de estar onde estaba. Quitar o po dos mobles. Mercou un produto que quita as manchas de graxa. SINÓNIMOS eliminar, tirar6 Facer o necesario para obter [o que se expresa]. Quitar o carné de conducir. Quitar unha fotocopia. SINÓNIMO tirar7 Negar a posibilidade ou o permiso. Quen es ti para me quitar de ir con el? CONFRÓNTESE privar, prohibir8 Obter, conseguir. Quitaron a maioría absoluta. Quitar beneficios. SINÓNIMO tirar9 Facer que [alguén] saia dunha determinada situación, condición, lugar etc. Quitouno daquel compromiso moi habilmente. SINÓNIMO librar Quitárono adiante os compañeiros.10 figurado Obter de alguén [unha información] con certa astucia. Non hai quen lle quite unha palabra do asunto.11 Obter a solución correcta de [algo]. Non fun quen de quitar o problema. SINÓNIMO resolver12 Ter sobre alguén a vantaxe de. Quítalle cinco centímetros de altura. O primeiro clasificado quitoulle dous puntos.13 Adquirir [un billete, entrada etc.]. Xa quitou as entradas para o cine.14 Producir, imitar, inventar. Quitaron un novo modelo de coche. Quitou un bordado da revista.15 Soltar [unha porción de tecido] a unha peza de vestir, desprazando as costuras. Quitoulle un par de centímetros de cada lado. Tamén absoluto Hai que quitarlle á saia, que me queda moi apertada.16 Deporte Poñer en movemento [o balón ou a pelota] para iniciar ou continuar o xogo. O tenista alemán quita a pelota con moita forza. Tamén absoluto O encargado de quitar foi o porteiro. CONFRÓNTESE tirar17 Constituír un obstáculo para [algo]. Unha cousa non quita a outra. verbo intransitivo18 Ser obstáculo para algo. Toda esa historia non quita para que chegues á túa hora.19 Cambiar de posición. Quita de aí! CONFRÓNTESE apartar verbo pronominal20 Abandonar certo modo de vida, en particular un vicio. Quitouse de fumar.21 [Mancha] deixar de ser visible ao lavala. As manchas de froita non se quitan. SINÓNIMOS arriar, dar, desaparecer, irse, sacarse, saír22 Cambiar de posición. Quítateme de diante! CONFRÓNTESE apartarse FRASES E EXPRESIÓNS CON quitar Quita de aí 1 Expresión coa que se rexeita algo que alguén di ou fai. Non sabes o que dis, anda, quita de aí. 2 Expresión que indica incredulidade. Que lle había tocar a lotaría! Quita de aí! Quitar a bailar Convidar a bailar. Non a quitou a bailar en toda a festa. Quitar a cara por (alguén)Defendelo Non quites a cara por el, que non cho vai agradecer. Quitar adiante 1Criar Quitou adiante os fillos con moito traballo. 2 Levar a bo termo. Quitou adiante o negocio. Quitar (algo) da boca (a alguén) VÉXASE boca Quitar do medio 1 Facer que [algo ou alguén] deixe de supoñer un problema ou estorbo. Ofreceulle unha compensación para quitalo do medio. SINÓNIMO sacar do medio 2Matar O atracador quitou do medio o seu cómplice por medo a que o delatase. SINÓNIMO sacar do medio Quitar o pelello (a alguén)Difamar Antes eran moi amigos e agora dedícase a quitarlle o pelello. Quitar unha foto Fotografar, retratar. Quitou moitas fotos durante a viaxe. Quitar un peso de encima Librar de algo penoso ou desagradable. Se me axudas a pagar as débedas xa me quitas un peso de encima. SINÓNIMO quitar un peso de enriba Quitar un peso de enriba Quitar un peso de encima. Fíxose cargo dunha parte do traballo e quitounos un peso de enriba. Quitar tallada VÉXASE tallada Ser de quita e pon 1 Ser de tal xeito que se pode quitar e poñer facilmente. Gústanlle máis as tatuaxes de quita e pon ca as permanente. 2 figurado Expresión que se aplica ironicamente á persoa coa que se ten unha relación tal que se recorre a ela ou non segundo conveña. Un noivo de quita e pon. /pc/verbos/quitar.html
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: