Mil son eu tan só, tan soa
Simposio Luísa Villalta
19, 20 e 21 de novembro - 17:00 h
Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
liña substantivo feminino1 Sucesión continua de puntos. Liña recta. Liña curva.2 Trazo continuo e fino. Fixo liñas nun papel. SINÓNIMO raia13 Serie de cousas dispostas unha detrás doutra. Dobra o papel pola liña de puntos. CONFRÓNTESE fila, ringleira4 Aspecto externo dunha cousa, que se deriva da combinación de liñas ou formas do seu deseño. Un vehículo de liña deportiva.5 Cada grupo de letras ou palabras dispostas en posición horizontal. Escríbelle unhas liñas.6 figurado Orientación que segue unha persoa ou un grupo no seu modo de pensar ou actuar. Non me gusta a liña que segue nos seus discursos. A dirección do partido marcou a liña que deben seguir os militantes.7 Febra de fío, seda etc., que se utiliza para coser. Enfíame unhas liñas para coser as redes. SINÓNIMO enfiada8 Arte de pesca consistente nun fío ou tanza, xeralmente de nailon, cunha chumbada e un ou varios anzois empatados no extremo. Pesca á liña. SINÓNIMOS cordel, liñó CONFRÓNTESE cana19 Servizo regular de transportes. Liñas aéreas.10 Servizo regular de autobús entre poboacións. Se non nos podes levar no coche, xa imos na liña. SINÓNIMO coche de liña11 Conxunto de cables que conducen a enerxía eléctrica. Houbo unha sobrecarga nas liñas.12 Conxunto de condutores que permiten establecer as comunicacións telefónicas. Non puiden chamar porque estaban as liñas saturadas.13 Posibilidade de establecer unha comunicación telefónica. Xa volverei chamar, que agora non hai liña.14 Serie de persoas coas que un está emparentado por lazos de sangue. Por liña materna ten un avó militar.15 Conxunto de produtos da mesma marca con características comúns. O deseñador anunciou o lanzamento dunha nova liña de roupa.16 Serie horizontal de números do cartón do bingo. Fáltalle un número para completar a liña.17 Milicia Serie de posicións nun campo de batalla. Atravesou as liñas inimigas.18 Deporte Conxunto de xogadores que teñen unha función similar. O equipo xogou coas liñas adiantadas.19 Bo aspecto, boa figura. Coida a liña cunha alimentación equilibrada.20 Deporte Raia que delimita as diferentes zonas dun campo. O balón saíu pola liña de fondo. Tirou desde a liña de tres puntos. FRASES E EXPRESIÓNS CON liña Coche de liña Liña (acepción 10). O coche de liña para Lugo pasa ás oito. En liña 1 Un a continuación do outro no espazo. Aquí só se pode aparcar en liña. 2 Informática [Recurso] publicado en Internet. Dicionario en liña. 3 Informática [Persoa] que está conectada de maneira visible nunha rede. Neste momento María non está en liña. En liñas xerais Sen entrar en detalles. Pódese dicir que, en liñas xerais, os dous programas coinciden. Ler entre liñas Adiviñar aquilo que non se dixo claramente pero que se deu a entender. Para entender o que di hai que ler entre liñas. Liña aérea Empresa de transporte aéreo. Presentou unha reclamación contra a liña aérea polo extravío da equipaxe. SINÓNIMO aeroliña Liña de flotación Liña que sinala a superficie da auga no casco dunha embarcación. A liña de flotación varía segundo o barco con carga ou sen ela. Liña de subscrición dixital asimétrica Informática Liña de telecomunicacións que permite enviar e recibir información por unha liña telefónica normal cunha maior velocidade e ancho de banda. A súa sigla é ADSL. O seu contrato coa compañía telefónica inclúe a liña de subscrición dixital asimétrica. Liña do tempo Representación visual dunha secuencia de acontecementos, habitualmente acompañados de imaxes, ordenados cronoloxicamente. Representade nunha liña do tempo os feitos máis importantes da vida de Rosalía de Castro. Creou unha liña do tempo con ligazóns multimedia que amplían a información. Liña eléctrica Liña (acepción 11). O furacán provocou graves danos nas liñas eléctricas. Liña férrea Vía de comunicación formada por dúas barras paralelas de ferro sobre as cales circulan os trens. Están cambiando as travesas da liña férrea. SINÓNIMOS ferrocarril, ferrovía, vía férrea Liña lateral Zooloxía Órgano sensorial dos peixes que serve para detectar movemento e vibración na auga circundante visible como liñas a cada lado desde o opérculo ata a base da cola formadas por escamas modificadas e que nalgúns casos coma o xurelo están cubertas por escamas óseas en forma de pequenos escudos. É posible que as quenllas usen as liñas laterais para detectaren tamén campos magnéticos. Liña obsidional Milicia Calquera das liñas, de circunvalación ou de contravalación, que fai un exército ao poñer sitio a unha praza. Explicou cun plano a disposición das liñas obsidionais do exército inimigo. Liña telefónica Liña (acepción 12). Cambiaron os postes da liña telefónica. Primeira liña 1 Zona do territorio en que combaten os exércitos. Enviárono á primeira liña. SINÓNIMO fronte 2 O máis avanzado ou mellor. O museo acolle coleccións artísticas de primeira liña. 3 Parte dun terreo edificable que está máis próxima. Querían mercar un apartamento en primeira liña da praia. Xuíz de liña VÉXASE xuíz
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: